Sábado. 20.04.2024
El tiempo

#FUTFEM: Novo derbi, novo empate

Mazaricos-Vista Alegre 25N
Mazaricos e Vista Alegre non esqueceron a celebración do 25N Día Internacional pola erradicación da violencia de xénero
#FUTFEM: Novo derbi, novo empate

Cada derbi costeiro cóntase por empate. Volveu acontecer entre Cee e As Miúdas. O cadro muradán demostra competir contra todos este ano e así o fixo ante o potente Cee, que, con todo, se mantén a unha distancia perfectamente salvable co líder, o invicto Calo. No medio atópase un Xallas que segue sumando de 3 en 3, mentres que As Miúdas non quedan lonxe dos postos de arriba. No sur, o Dumbría por fin rachou, e o Mazaricos sumou unha vitoria vital ante un rival directo pola permanencia.

Polo norte, boa vitoria do Corme que caza ao Cambre B e ao Ponteceso na táboa.

E as mellores novas chegan dende o Cubaleiro, pois o Corcubión segue líder invicto da Liga F7.

 

2ª División, Gr. 2, xornada 8

Ponteceso - Carral (0-2)

11 do SD Ponteceso feminino

  • Ponteceso: María Lema, Laura Ramos, Lucía, Andrea Varela, Eva, Muíño, Myrella, Ahinoa, Sabrina, Mel e Silvia. Tamén: Noe, Miriam Pose, Laura Rod., Virgi e Laura Berdeal.
  • Goles: 0-1, m.20; 0-2, m.47.

Capis do Carral e Ponteceso co colexiado

Comezaba o encontro cun Ponteceso ben asentado no terreo de xogo, e impedindo ao Carral, 4º na táboa, chegar a porteria de María. Despois destes minutos de tanteo serían as visitantes en dúas chegadas por banda as que probarían a unha inspirada María na que rexeitaria a córner ambos disparos. Tamén o cadro de Curro tería un par de aproximacións con Silvia e Lauriña, pero a defensa estivo rápida.

No ecuador do primeiro tempo chegaría a xogada clave, cando árbitro sinalou un penalti moi dubidoso nun agarrón que as locais viron fóra da área.
Sen baixar os brazos as de Curro fóronse arriba tendo claras posibilidades de lograr o empate e incluso de poder adiantarse no marcador por medio dun man a man de Muíño na que parou a porteira visitante e nun córner rematado por Myre que cruzou a línea de gol para irse fóra.

Nada máis saír dos vestiarios, nunha contra, as visitantes facían o segundo, o que lles permitiu meterse ben atrás e manter o control e saír con perigosas contras que non fixeron máis que demostrar a calidade da meta local Colores. Tiveron Lauriña, Andrea e Muíño senllas ocasions pero sen acerto.

Ponteceso SD feminino celebrando unha nova virtoria

Corme - Sp. Cambre B (4-2)

  • Corme: Belén; Ana, Irene, Aroa (Laura, m.20), María; Olalla, Ana, Carla, Cris, Naroa; Julia (Carmen, m.60).
  • Goles: 1-0, m.1: Naroa; 1-1, m.35; 2-1, m.51: Naroa; 2-2, m.86; 3-2, m.87: Cris dende o medio campo; 4-2, m.90: Naroa.

Partido moi igualado o vivido no Cairo, que se metía de cara para as de Rubén Souto cun gol moi tempranero de Naroa, nunha gran conexión con Julia.
A partir de aí o Cambre estiraría liñas, e cun xogo moi directo cara a súa rápida dianteira, que xeneraba perigo constante e que mesmo facía lucirse a Belén ni man a man. Pero non puido evitar a meta costeira o tanto do empate preto do descanso tras un córner.

Deu un pasiño adiante o Corme, controlando máis o medio para non deixar lanzar en longo ás costas da defensa, e conectando ben arriba con Julia e Naroa, que se asociaron de marabilla e Naroa volviu a ser letal. Parecía controlado o choque por parte local pero a expulsión da meta Belén cambiou o sino. O Cambre envorcouse sobre o campo local, e as cormeláns tiveron que poñer o mono de traballo e defender como guerreiras. Non sufrían demasiado pero un tiro lonxano colouse para facer o empate cando apenas quedaban 5 minutos de partido.

No canto de virse abaixo, as cormelás sacudíronse o dominio e Cris Veres lanzaba un disparo lonxano dende medio campo que sorprendería a porteira poñendo o 3-2 no marcador. Aí o Cambre foi a desesperada e unha vez mais Naroa nunha xogada individual volvía a marcar para deixar finiquitado o partido.

Burgo - Cerqueda (9-0)

  • Cerqueda: Pauliña, Jimena, Lucía Rod., Uxía, Mónica, Irene, Raquel, Vanesa, Inés, Mariña e Isabel. Tamén: Tati, Sonia, Tania e Carla.

Nada puido facer o Cerqueda, que ademais tivo que aliñar á súa capitana Pauliña Veiga de porteira, ante un contundente O Burgo.

 

2ª División, Gr. 2, xornada 8

Rois - Dumbría (0-7)

  • Dumbría: Lía, Carril, Mai, Yaiza, Noa, Fandi, Eva, Claudia, Sabela, Ainoa e María das Carisas. Tamén xogaron: Serena, Juliette, Sara, Icía e Lucía.
  • Goles: 0-1, m.7: Ainoa; 0-2, m.9: María das Carisas; 0-3, m.46: Eva Lema; 0-4, m.50: Ainoa; 0-5, m.67: Ainoa; 0-6, m.67: Ainoa; 0-7, m.75: María das Carisas.
Mai no Dumbria-Rois
Mai no Dumbría-Rois-Foto-Vet. Dumbría

Viaxaban as de Fran Figueroa a Rois co afán de traer de volta os 3 puntos e por fin romperon. Dominaron o partido de arriba abaixo, e conseguiron marcar, marcar e marcar. Unha das protagonistas foi Ainoa, que fixo un póker de goles. Co 2-0 chegouse ao descanso e nada máis arrancar o 2º acto Eva en xogada colectiva puxo o 0-3 no que prevía un cambio de marcha que o final quedou patente no resultado de 0-7.

Lia debutou co Dumbria
Lía, debutaba na portería dando mostras da seguridade que lle caracteriza. Foto-Vet. Dumbría

 

As Miúdas - Cee (2-2)

  • As Miúdas: Adriana, Alba, Paula, Sofía, Marina, Marta, Laura, Marcela, Paty, Clara e Bárbara. Tamén: Elba, Leti, Gala, Ximena e Ana Romero.
  • Cee: Noemí, Lucía Rod., Ruth, Lucía Facal, Nerea, Lucía Canosa, Lucía Caamaño, María Lijó, Sharay Caamaño, Andrea e Lucía Martínez. Tamén: Laura, Saray Duarte e Antía.
  • Goles: 0-1, m.46: en propia; 1-1, m.63: Gala; 1-2, m.75: Ruth; 2-2, m.79: Marcela.

Outro derbi de infarto no fútbol feminino costeiro, que tivo dúas partes ben diferenciadas e que acabou, de novo, en empate.
Comezou dominando moi ben o Cee, controlando, combinando, e con varias ocasións claras, como un par de mans a mans e un par de balóns á madeira que ben puideron poñelas por diante.

Pero non acertaron ata a volta dos vestarios cando tras un despexe da porteira, unha defensa muradá metíase gol en propia. A partir de aí o partido xa se puxo moi intenso, con idas e vidas dos dous equipos por igual, e unha defensa ceense algo máis inestable, facendo faltas inncecesarias como a que aproveitou Gala para facer o empate cun dos seus zambombazos.

Seguía o partido tolo, co Cee cada vez máis impreciso e as Miúdas cada vez máis contundentes, ata que nun balón longo Ruth marca un golazo desde casi medio del campo. Non decaeron as muradás que se volveron arriba, e aproveitando erros tontos das ceenses metéronas na súa área ata que Marcela empataba nun dos moitos córners.

Mazaricos - Vista Alegre (1-0)

  • Mazaricos: Pedrosa, Claudia, Valeria Peta, Fátima, Antía, Tamara, Raquel, Katia, Daniela, Ánxela e Jirra. Tamén xogaron: Buján, Natasha, Iria Hermida, Saray e Lúa.
  • Gol: 1-0, m.50: Ánxela de falta.

mazaricos-Vista Alegre

Comezou moi ben o Mazaricos de Borja Sueiro cun control total do medio campo gracias ao labor de Tamara, Raquel e Katia e cunha presión que comezaba dende Claudia e Antía (as laterales). O partido transcorría completamente en campo contrario e as ocasións aparecían a cada momento. Ben sexa nos pés de Jirra, de Daniela ou incluso de corner rematado por Valeria non eran capaces de materializar. O Vista sacaba ocasións en balóns en longo á espalda da defensa, con algún que outro córner e só tiveron unha ocasión clara ao final da primeira parte onde resolve ben Pedrosa.

Si acertou Ánxela de falta nada máis saír dos vestiarios. A partir de aí o partido descontrolouse un pouco, e se ben puideron pechar o choque con varias contra, ao final tocou sufrir e non chegou o empate de milabre pois o balón se paseou por diante da portería e acabou fóra na mellor ocasións das santiaguesas.

Gran vitoria das amarelas que se distancian do descenso.

Xallas - O Pino (4-0)

  • Xallas: Rosio; Nuria, Alicia, Saskia, Andrea Otero; María, Paula Barcia, Andrea Barbeira; Olalla, Inés e Yasmina. Tamén xogaron: Luchy, Yasmina, Rita, Laura e Claudia Facal.
  • Goles: 1-0, m.31: Olalla; 2-0, m.33: Inés; 3-0, m.40: María; 4-0, m.70: Yas.

Partido con moitos cambios no once das xalleiras, como as debutantes no 11 titular Nuria e Yaiza, que mostraron boas maneiras aínda que o ritmo non foi alto. O partido quedou listo para sentenza xa na primeira parte con resultado de 3-0 . Na segunda saía a infantil Claudia Facal que debutaba no sénior feminino, e as de Rupper tiveron máis oportunidades por medio de Olalla Yas ou Saskia.

 

Liga F7 Coruña Gr.A, xornada 5

Os Castros - Corcubión (0-5)

  • Corcubión: Elena, Marta Lavandeira, Claudia, Noa, Vivi, Sara, Andrea. Tamén xogaron: Elisa Lema, Carla Lema, Cris Sendón, Ana Sierra.
  • Goles: 0-1, m.8: noa; 0-2, m.8: Noa; 0-3, m.31: Sara Cubelo; 0-4, m.36: Sara Cubelo; 0-5, m.36: Sara Cubelo.

Na tarde de domingo disputábase na Torre o encontro entre as xogadoras do Club Atlético dos Castros e o UD Corcubión, quen continúa sen ver de preto a derrota. Remataba a primeira parte cun resultado favorable a este equipo visitante cos goles de Noa e Sara Cubelo.

O segundo tempo empezou forte tamén para o UD Corcubión, pois no primeiro minuto deste, a sobresaínte Cubelo, xa pichichi do equipo con 9 tantos, marcaba de novo un gol, que viría seguido doutros dous que completan o 0-5 final.
Un resultado que lles permite corcubionesas seguir desfrutando esta semana dese primeiro posto.

A TRIBUNA FUTFEM

MÁIS CRÓNICAS DO #FUTFEM

TÁBOA DO GR.2 DA 2 DIV.- FEM

TÁBOA DO GR.4 DA 2 DIV.- FEM

Comentarios