Domingo. 05.05.2024
El tiempo

FUTFEM: Perdendo o medo

Xallas FC Femininino 2023-24
O Xallas FC na Coruña
FUTFEM: Perdendo o medo

O Xallas de Rupper parece ir soltándose e perdéndolle o medo á categoría, esperando ir subindo chanzos na clasificación. O mesmo pasoulle ao Cee, que sacou un punto ante as líderes. Non así ás Miúdas que xogaron un mal partido no longo desprazamento a Lugo na tarde-noi dominical.

Na 3º Galega, Muxía e Dumbría seguen sumando partidos por vitorias, seguidas de Corme e Cabana. Con todo, semella que o Cabana non poderá sumar os puntos gañados en Ara Solis, porque o cadro fisterrán vai recorrer unha máis que segura aliñación indebida de dúas xogadoras en idade infantil.

Bonito ver a táboa de goleadoras da 2ª Galega xa coa xalleira Olalla moi arriba, e a da 3º, coa cabanesa Irene e a muxiá Barca con 8 tantos, seguidas por Andrea (Fisterra) e Patri Romaní (Muxía) con 7.

2ª DIV. FEMININA, XORNADA 4

Silva - Xallas (0-3)

  • Xallas: Rosío; Laura, Saskia, Andrea Otero, Alicia; Carla, Andrea Barbeira, María; Noelia, Paula Barcia e Olalla. Tamén: Leti, Inés, Daniela, Zaira e Michelle.
  • Goles: 0-1, m.50: Paula Barcia; 0-2, m.72: Olalla; 0-3, m.89: Inés.

Bo partido das xalleiras que xogaron o mellor partido do que levamos de ano xogando con valentía, xerarquía e con moito control do xogo. Nunha primeira metade igualada acabou co 0-0 ó descanso, pero as xalleiras mandaban varios balón á madeira.

Pero nada máis saír dos vestiarios, Paula Barcia, na primeira que dispuso finalizou cun tiro cruzado un bo balón filtrado en profundidade. Olalla, que xa se coloca entre as máximas goleadoras da categoría con 5 goles en 4 partidos, faría o 0-2 nunha bonita xogada individual e cerraría o choque Inés que estivo moi viva no rechace da meta do Silva.

Milagrosa - As Miúdas (2-0)

  • As Miúdas: Adriana, Atenea, Elba, Alba, Leire, Naiara, Cris, Gala, Ana, Sabela, Pati. Tamén: Adriana Piñeiro e Carlota.
  • Goles: 1-0, m.24; 2-0, m.40.

Partido malo das Miúdas, moi desconcentradas, fóra do choque nunha primeira media hora que foron totalmente superadas e nas que as lucenses se colocaban por diante con dous goles de Lucía Martínez no ecuador do primeiro tempo.

Os últimos 15 minutos do primeiro tempo parecía que as de Lucho querían meterse no partido, pero non acabaron de enchufarse.

Non competiron as muradás, e non debe ser excusa, pero pode que acusasen o feito de competir en Lugo, a máis de 2 horas de camiño, un domingo ás 18:00h, chegando a casa ás 23:00h.

Brexo Lema- Cee (1-1)

  • Cee: Noemí, Lucía Rod., Lucía Facal, Nerea, Laura, Paula Veiga, Saray Duarte, Lucía Caamaño, Sharay Caamaño, Nayara, Lucía Martínez. Tamén: Lucía Sieira, Sabela e Antía.
  • Goles: 1-0, m.47; 1-1, m.90: Paula Veiga.

Un gol da cerquedá Paula Veiga permitiulle ao Cee salvar un punto in extremis ante as líderes e roubarlle así os dous primeiros puntos as xogadoras do Brexo Lema.

Moi serio o cadro ceense, demostrando que poden competir con calquera nesta nova categoría.

3ª DIV. FEMININA, XORNADA 4

Noia - Muxía (3-4)

  • Muxía: Sheila, Andrea Dom., Patri Romaní, Marta, Nerea Pazos, Raquel, Barca, Paula Rey, Sara Haz, Nerea Barrientos, Marcela. Tamén: Esla, Irene, Xeila, Andrea Insua e Adriana.
  • Goles: 1-0, m.28: Uxía Paz; 1-1, m.38: Barca de penalti; 2-1, m.45: Xiana; 3-1, m.63: Uxía Paz; 3-2, m.75: Barca; 3-3, m.82: Patri Romaní; 3-4, m.92: Patri Romaní.

Volveron demostrar as Barca e Patri Romaní que están moi por riba da categoría e que fan deste Muxía un candidato a todo. Ambas remontaron un partido, adiantado ao xoves 12, que se puxera costa arriba cun 3-1 e media hora por diante.
O choque comezaba sen fluidez, coas de Congui e Isma obrigando a intervir á meta local. Pouco a pouco o filial do Noia ía vindo arriba, e se colocaba por diante. Barca empataba dende os 11 metros, pero antes do descanso, un erro defensivo permitía ás locais volver adiantarse.

O Noia facía dano polas bandas no comezo da segunda e froito desas accións chegaría o terceiro. Tocaba remar, o equipo non se rendeu, deu un paso arriba, dominando máis territorialmente pero co partido convertido nun ida e volta. Podía marcar calquera pero foron primeiro Barca e despois Patri Romaní, con dous golazos, o último xa no desconto, para darlle a volta ao marcador.

Dubra - Ponteceso (0-1)

Ponteceso SD Feminino 23-24 1

  • María, Noe (Mantiñan, m.57), Myre, Ainhoa, Laura R (Noemí, m.57), Berdeal, Eva, Muíño, Oanes, Claudia (Saray, m.82), Andrea (Amado, m.82).
  • Gol: 0-1, m.30: Andrea.
Eva Carril Ponteceso SD Feminino 23-24
A capi Eva Carril co colexiado e a capitana do Dubra

Primeiro partido para as de Curro e Suso fóra da casa, e se ben non fixeron o mellor partido, si que levaron premio gracias á seriedade atrás. Non puideron desplegar o xogo de toque que acostuman pero igualmente tiveron boas oportunidades. Foi a killer Andrea a marcou o único gol do partido.

As locais, que a penas saíron do seu campo gracias a un bo traballo das pontecesás, puideron empatar o partido tras fallo nun pase no que a defensa e a gardameta visitantes non se comunicaron moi ben. Foi a propia central do Ponteceso, Ainhoa, que tras dar un pase peligroso salvou o gol no que case se convirtiría nun inxusto empate polo visto no terreo de xogo.

O cadro costeiro puido ampliar a renda con chegas de Claudia, Myre ou Laura Amado, pero se atoparon coa porteira ou cos goles anulados.

Ponteceso SD Feminino 23-24

Outes - Corcubión (0-4)

  • Outes: Ana Lema, Claudia, Alicia, Uxía, Xeila, María Molinos, Erika, Carla, Carmen, María Romero, Graci. Tamén: Nerea, Paula, Sole, Natalia e Fuentes.
  • Corcubión: Elena Atán, Alexandra Lojo, Victoria, Daniela, Cristina, Paula Trinidad, Noa, María Castro, Claudia, Helena López e Andrea Rod. Tamén Carla Lema e Ana Sierra.
  • Goles: 0-1, m.17: María Castro; 0-2, m.44: Paula Trinidad; 0-3, m.45: Alexandra Lojo; 0-4, m.90: María Castro.

Arrincaba o choque bastante igualada, con moita brega no medio campo, e incursións rápidas dos dous equipos, sobre todo na área local. Apretaron algo máis as corcubionesas que se adiantaban ao cuarto de hora por medio de María Castro, facendo dano por banda esquerda e facendo intervir á meta Ana. Tentou reaccionar o cadro de Dani, que tivo varias ocasións para empatar, pero ao fío do descanso os goles de Paula Trinidad e Alexandra Lojo foron un duro golpe para as locais e deixaban un marcador claro para as de Rubén Castillo.

O segundo tempo foi máis contemporizador, e o marcador non se movería ata o final, co segundo da 10 corcubionesa, gracias en parte a que a meta local pararía unha pena máxima.

Dumbría - Camariñas (4-0)

  • Dumbría: Lía, Carril, Noa, Martina, Sabela, Adriana, Yoli, María das Carisas, Kelly, Claudia e Juliette. Tamén: Lissette, Reyes, Serena, Lucía e Icía.
  • Camariñas: Karen (Alejandra, m.77); Laura Garrote, Rosana, María, Paula, Uxía (Daniela, m.57), Cris Mouzo (Lola, m.77), Nuria, Leti, Saray (Ainoa, m.67), Elena.
  • Goles: 1-0, m.48: Adriana; 2-0, m.55: Kelly; 3-0, m.66: Juliette; 4-0, m.90: Claudia.

Superior este experimentado Dumbría nunha primeira metade sen goles, nas que as de Fran Figueroa estiveron con algo de nervios e imprecisións, ante un Camariñas ben peleón. As de Juan Cabrejo e Pepucho intentaban esperar e saír á contra pero a seria defensa comandanda por Martina (que mandou un remate de cabeza ao longueiro) impedía ocasións de perigo.

Foi nada máis comezar a segunda cando Kelly abrí ao Adriana nun rexeite no que as visitantes pedían fóra de xogo. Pouco despois Kelly consigue o 2-0 cun tiro desde unha esquina da área. E Juliette faría tamén o seu gol para dar tranquilidade, provocando unha baixada do ritmo do partido ata o final, culminando Claudia, cun xogo moi bonito, a goleada.

Dumbria feminino celebrando
As dumbriesas celebrando o 4 de 4

Cerqueda - Corme (0-2)

UD Cerqueda feminino 23-24

  • Cerqueda: Valeria, Jimena, Tati, Tania, Irene, Uxía, Mariña, Inés, Vanesa, Raquel, Lorena. Tamén: Sonia, Paula Casal, Alba e Isabel.
  • Corme: Belén; Lucía (Aurora), Laura (Salomé), Aroa, Ana; Nerea (Candela) Irene, Carla, Nati (Cecilia) Cris (Mónica) e María.
  • Goles: 0-1, m.18: Nati; 0-2, m.27: Cris.

Non foi o mellor partido por parte dos dous equipos, incómodas en todo momento, con moitas imprecisións nas dúas bandas. Comezou ben o Cerqueda de Dani, pero o Corme tiña ocasións máis claras e así se puña por diante. O Cerqueda intentouno na segunda pero sen demasiada convicción nin acerto.

Mazaricos - Nicrariense (1-0)

Mazaricos CF feminino outubro 2023

  • Mazaricos: Valeria, Graci, Silvia, Mariña, Iria Hermida, Antía, Leire, Lúa, Ánxela e Tamara. Tamén: Paula Maneiro, Paula Rod., Iria Buján, Kstia e Fátima.
  • Gol: 1-0, m.83: Mariña.

Partido intenso na Picota. Empezaba cos dous equipos buscando balóns longos das porteiras ás costas das defensas contrarias para crear perigo. Pero a primeira parte transcorreu sen apenas ocasions e con moito mediocampismo.

Xa na segunda parte as de Rachón darían un pasiño adiante, permitindo ter máis ocasións pero tamén tomando máis riscos que a piques lle estiveron de dar máis dun susto. A 5 do final Mariña foi a máis lista de todas e meteuse entre a central e a porteira para darlle un gol as marelas que supón a primeira vitoria da temporada.

Fisterra - Cabana (2-3)

  • Fisterra: Lucía, Paula, Lidia, Andrea, Irene, Xaira, Jimena, Aroa, Lucía Marcote, Maria Elena e Jeni. Tamén: Ana Isabel, Tamara, Zeltia, Rosa e Tatiana.
  • Cabana: Míriam, Idania (Sara), Sheila, Aroa, Valeria (Aitana Suarez), Inma, Iría (Aitana Muiño), Irene, Alison (Jessi), Adriana, Sarai (Natalie).
  • Goles: 0-1, m.7: Irene; 1-1, m.30: Andrea; 2-1, m.38: Elena; 2-2, m.67: Adriana; 2-3, m.88: Miriam.

Fermoso partido, con alternativas o vivido en Ara Solis, Adiantouse pronto o Cabana cun tanto de Irene pero o Fisterra reaccionou e rondou a porta cabanesa. Nunha indecisión entre a porteira e defensa fisterran aproveitou Alison pa facerse co balón e cando xa se dispoñia a marcar foi agarrada pola porteira local. Penalti e expulsión que parecía que ía deixar o choque sentenciado pero a dianteira fisterrá atallou o lanzamento de Aroa.

Veuse arriba o Fisterra e cun tiro lonxano que se lle colou a Míriam entre as pernas empataba e pronto se poñería por diante cun gol o recoller un rechace do longueiro asinado por Elena.

Quedaba toda unha parte co Fisterra por diante pero cunha xogadora menos. O choque volveuse tolo, de ida e volta, no que o cansanzo fillo nas locais que non aguantaron as embestidas das cabanesas, que remontaron no treito final, cun tanto de Adriana, e un gol da meta Miriam, que bota unha falta lonxana que bota e pásalle por encima á improvisada porteira local.

Ao remate do partido as fisterrás decidían denunciar a aliñación indebida do Cabana por aliñar dúas ixogadoras en idade infantil.

Liga F7, xornada 4

Deportivo Orzán - Sporting Seaia (2-0)

  • Seaia: Nuria, Ana Nantón, Iria, Noe, Mireia, Virgi, Xela. Tamén: Andrea, Paula, Eva e María Moscoso.
  • Goles: 1-0, m.12; 2-0, m.30:

Con moitas baixas chegaban ás de Roque á Torre pero comezaban moi ben prantadas, pero non foron quen de poñer en perigo a meta herculina.

MÁIS NOVAS DO FUTFEM

CRÓNICAS DO FUTFEM

Comentarios