Xoves. 28.03.2024
El tiempo

FutFem: Póker de vitorias para pechar un histórico 2019

As Miudas ante o Victoria C
As Miúdas ante o Victoria C-Foto-Chema Caamaño
FutFem: Póker de vitorias para pechar un histórico 2019

Rematou o ano 2019 para o FutFem. Ano da histórica estrea en competición da familia do UC Cee, que pecha cun gran broche en forma dunha vitoria, esta vez na visita ao Bandeira, asegurando rematar a primeira volta na 3ª praza. A vitoria confirmá as azuis como perseguidoras dos dous equipos que comandan a competición, e que esta semana tiveron enfrontamento directo, o que nos permite acurtar distancias.

Pola súa parte, as Miúdas sumaron punto e final do 2019, nun novo partido no que voltaron a demostrar que non andan finas en canto a puntería. As muradáns rematan o ano na 6ª praza.

O Bergan de Gueli vencía un novo e complicado partido e remata o curso con grandes sensacións, afianzándose no grupo de cabeza, na 4ª posición, empatadas coas 3ª, e a só 6 puntos do liderato, tras sumar 10 vitorias e só 3 derrotas.

Ademais, vitoria pola mínima deste novo Mazaricos na Liga F7, que se sitúan nunha cómoda 7ª praza, con 20 puntos, a só 5 das 4ª, o Vista Alegre, unha vez que as tres primeiras (Calo, Estrada e Praíña) van embaladas.

Tócalles agora case un mes de parón, pois a volta será o 12 de xaneiro.

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 12

  • Resultado: Bandeira - UC Cee (1-5)

O partido comezou con gran incertidume, ata que no ecuador do primeiro tempo Shray abría a lata. A partir de aí, moito dominio das costeiras, xogando un gran fútbol combinativo co que facían moito dano ás rivais. Sería Uxía quen poría terra de por medio no marcador, anotando por terceira semana consecutiva, despois de regatear á porteira rival no man a man, tras un gran pase filtrado de Lucía Martínez. E sen case tempo para aclimatarse ao novo marcador, Nerea poría o terceiro tras un gran tiro de longa distancia que sorprendeu á porteira.

Faltaba Lucía Canosa por facer das súas, e non dubidou en armar a súa xogada "Messiana", sorteando a canta rival lle saíu ao paso e definindo á perfección na rede rival. E non conforme, fíxoo por partida dobre, cun gol en cada tempo.
Xa con este marcador, e a pesares de ter moitas máis ocasións, o partido deixou de ter moita historia ata que nunha falta a favor do Bandeira, as locais conseguirían o gol da honra.

 

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 12

  • Resultado: As Miúdas - Victoria C (1-1)
  • As Miúdas: Adriana, Paula, Sofía, Isa, Marcela, Antía, Laura, Leti, Gala, Ainoa e Pati. Tamén xogaron: María, Marta, Eva, Iria e Saray.

As Miudas e Victoria C no Eleuterio-Fto-Chema Caamano
As Miudas e Victoria C no Eleuterio Balayo-Foto-Chema Caamaño

Os primeiros minutos non tiñan un dominador claro do balón, ambos planteis intentaban impoñer o seu xogo pero non atopaban claridade para combinar. A medida que maduraba o encontro as de Muros foron empuxando ás santiaguesas para o seu campo, pero sin fortuna nas finalizacións. O Victoria creaba perigo polo flanco dereito do seu ataque buscando as costas de Sofía que volvía o campo tras un mes lesionada, pero atopábanse coas boas coberturas de Isa e Marcela para evitar sustos. No campo contrario Ainoa gañaba liña de fondo unha e outra vez pero os seus pases da morte ou ben morrían en mans de Sara ou non atopaban quen finalizase na area.
Antes do descanso, a capitana “rossinejra” Pati, tras unha boa presión sobre a saída de balón da porteira visitante, consigue sacarllo e perfila para bater por alto poñendo o 1-0 co que ambos equipos marcharon a vestiarios.

Tralo tempo de lecer o partido foi de ida e volta, rápidas transicións e pouco centro do campo, Adriana, a porteira Miúda estivo moi atenta anticipando varios achegamentos en balóns longos, axudada por unha Marcela que non dudaba en lanzarse o ataque polo carril central. A ocasión máis clara das visitantes non a desperdiciaron, tras outro balón sobre as costas de Sofía, Antía encara a Adriana tras entrar na area e pon o empate a uns que a postre sería definitivo.

As mellores ocasións tras o tanto visitante foron para as pescas, a máis clara nun libre directo que executa Antía e Sara con moitos apuros toca o xusto para que o balón tras petar no pau saia fora. Ainoa, Marcela e María tiveron ocasións, pero tamén Adriana tivo que estar moi atenta a cada balón longo.

 

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.1, XORNADA 12

  • Resultado: Orzán B - Bergantiños (0-1)

Presentábase o Bergantiños ao partido coa clara intención de non perder o ronsel dos primeiros postos, e un Orzán que non llo ía a poñer nada fácil e así foi. A primeira parte foi moi igualada, e moi disputada no centro do campo e de boto pouco ou nada vimos traballar a Claudia e a Lara. Podíase dicir que a posesión era repartida e que os poucos achegamento ao área eran algo máis perigosos as visitantes, pero sen crear demasiado perigo, un Orzán moi mellorado traballando moi duro e facendo un partido moi completo. Chegaban ao descanso co resultado inicial.

Tralo paso por vestuarios o partido tomou unha cor máis bonita, xa que seguía a mesma disputa, pero esta vez chegarían máis ocasións e o público que se achegou á torre puido gozar aínda máis deste partido. Non tardaba o Bergantiños en poñer en aprietos a Claudia e no minuto 55 Alba tras unha boa xogada disparaba moi preto do poste esquerdo da portería rival pero esta non sería quen de poñer por diante ás visitantes. Acto seguido o Orzán a balón parado poñería o medo no corpo ao Bergantiños cun centro médico que ninguén remata e pasea polo área .

Levaba o minuto 61 e Alba botaba un corner que remataba Canosa e tras un rexeite Yaiza non fallaba para poñer o 0-1 no marcador que ao cabo sería definitivo.
O Bergantiños empezou a ter algo máis de dominio e puido sentenciar en varias ocasiones pero nin Canosa, nin Alba, nin vimi foron quen de bater a Claudia.

Apretou o Orzán no último treito de partido, pero a meta costeira e os paus impedíano. Tamén Canosa e Noe tiveron a sentenza pero non conseguiron bater á porteira local en sendos mans a man.

 

LIGA F7, GRUPO SANTIAGO, XORNADA 10

  • Resultado: O Pino - Mazaricos (0-1)

Vitoria apretada das amarelas no Pino para pechar un histórico 2019.

 

Novas do FutFem

NOVAS DO FSF

Comentarios