Martes. 19.03.2024
El tiempo

Futfem: Vitoria de cumple e liderato

Bergan Fem de cumple
Futfem: Vitoria de cumple e liderato

Cumplía Lore, e o seu equipo brindoulle unha nova vitoria. A de Outes é unha das capis do Bergantiños, celebrou o cumple e o liderato, pois as de Guel aproveitaron o descanso do CD Lugo para subir ao primeiro chanzo do podio da 1ª División.

Na 2ª, o Cee segue a estela dun Noia implacable, tras vencer ante unhas Miúdas que non arrincan. O Cerqueda non pasou do empate e o Xallas perdeu tres valiosos puntos.

 

1ª División Fem., x.9

  • Resultado: Bergantiños - O Val (3-0)
  • Gol: 1-0, m.12: Inés dun centro chut que se colou; 2-0, m.68: Cruz; 3-0, m.72: Noe nunha contra perfecta con Alba e Cruz.

Bergan de cumple

Último partido da primeira volta, controlando os puntos fortes do rival, sobre todo a liña de ataque, para o que Gueli propuxo un ritmo moi alto dende o comezo. O choque comezaba con dominio local, e o Val só chegaron un par de veces, permitindo acabar 1-0 ao descanso, pero merecendo máis as bergantiñás. Na segunda metade, os primeiros 15 minutos foron de control visitante, pero as locais non sufriron demasiado en canto a ocasións, e pouco a pouco foron recuperando. Marcou Cruz o segundo, e o O Val foise arriba, pero nunha contra perfecta o cadro de Gueli sentenciou e deixar un final tranquilo.

 

2ª División Fem., x.7

  • Resultado: Cee - As Miúdas (5-0)
  • Cee: Noemí, Laura Blanco, Lucía Facal, Alba, Nerea, Saray, Lucía Canosa, María Lijó, Sharay, Uxía e Andrea. Tamén: Anais, Lucía Barreiro, Elisa, Sabela e Lucía Martínez.
  • As Miúdas: Adriana, Marta, Sabela, Leti, Sofía, Saray, Marina, Uxía, Patri, Paula e Lorena. Tamén: Noa e Ana.
  • Goles: 1-0, m.5: Andrea; 2-0, m.24: Andrea; 3-0, m.25: Lucía Canosa; 4-0, m.50: Lucía Canosa; 5-0, m.60 María Lijó.

Derbi con pouca historia no que as locais foron claramente superiores e xa se puideron adiantar no primeiro minuto nun man a man de María e no minuto 4 noutro de Canosa pero as dúas atopáronse ca porteira Adriana. Sí o conseguiu Andrea na terceira oportunidade aínda no minuto 5. Todo o partido foi de claro dominio local diante dun equipo rival que tratou de estar ordeado e non encaixar pero non o conseguiron.
O máis destacado do partido para as de Cee foi a volta de Uxía despois de máis dun mes lesionada e o debut de Elisa e Anais como novas xogadoras azuis.

 

2ª División Fem., x.7

  • Resultado: Praíña - Xallas (2-1)
  • Xallas: Xiana; Laura, Ros, Rita e Maite; Michelle, Luchi e Andrea Otero; Yoli, Yas e Xastia. Tamén xogaron, Lucía, Alí, Rahny e Barbeira.

Partido xogado en Calo con moi bo tempo e temperatura agradable. Ambos conxuntos loitaban pola sexta praza da clasificación, vindo de vencer os encontros anteriores respectivamente; un moi bo comezo do equipo de Santa Comba que ben plantado no campo logo comezaría a por en apuros a meta do Praíña.
Unha internada de Yasmina, provocando un penalti sería a mellor ocasión das nosas a pena é que o balón por saíu por riba do longueiro despois do lanzamento de Xastia.
Na primeira que tiveron as locais, fixeron o 1-0 con un tiro cruzado que nada poido facer Xiana á nosa porteira de Fontecada. Nunha xogada a balón parado chegaría o 2-0 do equipo local, sendo un pouco inxusto tanto castigo.

Xa na segunda parte, seguimos creando perigo, cun balón o pau e tendo moito traballo a cancerbeira local; no minuto 89, unha falta preto da área puxo o 2-1 con un gol que chegaba demasiado tarde para poder vir con algún punto no peto.

 

2ª División Fem., x.7

  • Resultado: Cacheiras - Cerqueda (2-2)
  • Cerqueda: Lidia, Lucía, Zeltia, Paula, Cris Veres, Raquel, Ana, Natalia, Saskia, Lorena. Tamén: Ana varela, Nuria, Lucía Dourado, Isa.
  • Goles: 0-1, m.7: Saskia; 0-2, m.8: Paula; 1-2, m.25; 2-2, m.75.

Partido moi disputado na saída do Cerqueda ao campo do Cacheiras, entraron moi ben os de Guillamet e grazas a iso, ao minuto 10 xa ían gañando 2-0 grazas a dúas accións a balón parado. Un corner primeiro de Saskia e unha falta directa despois de Paula Veiga.
A partir de aí o Cacheiras dominou o encontro e empezo a crear problemas na defensa cerquedá, o que lle serviu ao equipo local para recortar distancia no minuto 25 grazas a un disparo afastado e chegar así ao descanso.

A segunda parte seguiu a tónica da primeira, un Cacheiras dominador e un Cerqueda ben replegado que estivo máis cómodo que na primeira parte intentaba saír con velocidade pero foi no minuto 30 da segunda cando un rexeite dentro do área sirvio ao Cacheiras para poñer o empate final no marcador.

 

Comentarios