Infantís: O Xallas vence aos Miúdos e se convirte en novo Campión da Copa da Costa
Fantástico ambiente na primeira das 4 final da fin de semana. A mañá sabatina amosábase intensa nun San Andrés que se enchía coas afeccións xalleiras e muradás, para ver aos seus pequenos. E viviron un fermoso encontro, que comezaba coa entrega da Copa de Campión de Liga a todo un Cee.
Xallas - Os Miúdos (3-0)
- Goles: 1-0, m.10: Manuel Bieito; 2-0, m.15: David; 3-0, m.80: Fabio.
Partido que se rompeu moi pronto con dous goles do cadro xalleiro cando apenas ían 15 minutos.Tardaron os muradáns en reaccionar, pero pouco a pouco foron asentándose e buscaron meterse no partido, pero unhas veces os nervios e outras o maior poderío físico xalleiro impedíanlles recurtar.
Tras o descanso Os Miúdos saíron intensos e coa idea de marcar un gol que lle dese opcións e, de feito, tiveron algunha oportunidade. Mentres, o Xallas mantíñase ben ordenado e saía á contra con perigo para sentenciar pero o porteiro muradán evitouno nun par de ocasións.
A pouco do final Fabio, cos Miúdos volcados, logrou a sentencia e a alegría final para os xalleiros.
Os xa campións da Copa da Costa
- O San Lorenzo, flamante campión da Copa da Costa de Veteranos.
- A Esteirana campión da Copa da Costa Cadete, e igualdade máxima nas semis.
- A final da Copa da Costa F8, a gran festa do fútbol base nas Redondas.