Martes. 19.03.2024
El tiempo

Juni, adestrador do Coristanco: “Sempre lle estarei agradecido a esta directiva por ter a valentía de poñer un proxecto tan ilusionante nas miñas mans”

  • “Creo que de ter algo máis de acerto de cara a portería en momentos puntuaís podíamos ter 5-6 puntiños a maiores”
  • “A clave deste equipo é a predisposición ó traballo que hai en cada entrenamento”
Juni adestrador do Coristanco
Juni, adestrador do Coristanco
Juni, adestrador do Coristanco: “Sempre lle estarei agradecido a esta directiva por ter a valentía de poñer un proxecto tan ilusionante nas miñas mans”

Muros e Coristanco son os equipos revelación da temporada na Liga da Costa. Recén ascendidos, pechan o grupo de cabeza, só detrás de claros candidatos ao título. Outro día focalizaremos a atención en Miraflores, pero hoxe imos ata a Rocheira, para falar cun adestrador, coa L de nóbel en equipos sénior, e recén saído do céspede, para contarnos cal é o segredo deste Coristanco, que esta semana pode seguir escalando posicións se vence ao Malpica.

  
  • QPC: Un equipo recen ascendido e un míster Novel en equipos senior. Como está a ser a experiencia?

Polo momento a experiencia positiva. Todos tiñamos claro que ó ser recén chegados á categoría pode ser un ano complicado. Sin embargo, nin para min nin para o equipo a Liga da Costa nos é descoñecida. O que creo que axuda a que ata o momento vaiamos sumando puntos cara ó obxectivo da salvación.

  
  • QPC: Cando o Coristanco ofreciuche a posibilidade de adestrar o equipo senior, como reacionaches? dúbidas, ilusión, medo…?

A verdade é que sorpresa, porque non me esperaba que un equipo do quen non coñecía a ninguén fose a apostar por min.
Por iso sempre lle estarei agradecido a esta directiva por ter a valentía de poñer un proxecto tan ilusionante nas miñas mans. E dende logo, esta oportunidade o que xerou en min foi unha ilusión e ganas de traballar enormes.

  
  • QPC: Defínete como Adestrador?

Como adestrador igual me deberían definir os xogadores... Pero ben, teño claro que o principal que busco dende que me sento nun banquillo é que os meus equipos teñan unha identidade e saiban o que queren facer en cada unha das fases do xogo. Para isto, gústame empregar sempre tarefas nas que o balón sexa o protagonista, xa que creo que é a maneira na que máis progresa un futbolista, así como a máis motivadora.

  
  • QPC: Que queda do Juni xogador no Juni adestrador?

Do Juni xogador quedan moitas gañas de xogar, demasiadas para o estado do meu xeonllo diría eu, jaja. Pero isto é bo, porque ó final son ganas de fútbol, ganas de que cheguen os adestramentos e os domingos e dar o máximo para o meu equipo.

  
  • QPC: Está sendo un bo inicio de tempada. Esperábalo?

Cando cheguei non sabía o equipo que me atoparía, pero unha vez coñecidos ós xogadores a verdade é que non me sorprende. É máis, creo que de ter algo máis de acerto de cara a portería en momentos puntuaís podíamos ter 5-6 puntiños a maiores.

  
  • QPC: Cal é o motivo desta tan boa andaina do equipo? Cales son as pezas claves do Coristanco?

Estou seguro de que a clave é a predisposición ó traballo que hai en cada entrenamento. Igualmente son o primeiro en recordarlles que no momento en que isto cambie cambiará tamén a dinámica.

En canto a pezas clave, non me gusta individualizar, porque todo o mundo ten un nivel alto e, igual de importante, unha implicación enorme. Pero sorprendeume, por exemplo, todo o que traballa o capitán Pazos polo equipo e polo clube.
E no futbolístico, para xogar combinativo, como intentamos (aínda que en ocasións lea nalgunha crónica o contrario, sei que é porque nunca viron un partido noso) é fundamental un centro do campo cun nivel futbolístico tan grande con R, Mario, Jose e Álex.

  
  • QPC: A tempada pasada do Coristanco foi todo un éxito na 3ª, pensaches nalgun momento que esa euforia fose negativa para esta tempada? Ou aproveitaches ese bo nivel para este nova tempada?

A verdade é que en ningún momento pensei no que lograron o ano pasado, máis aló de felicitalos por ser algo cun mérito enorme. Dende que me atopei co grupo vin que seguía sendo moi ambicioso e intento convertir iso en bo traballo que nos achegue a bos resultados.

  
  • QPC: Cal é o obxectivo real do Coristanco?

O obxectivo real é o que xa comentei e me propuxo a directiva dende o día un: salvarnos. A partir de ter os puntos precisos para iso intentaremos facelo o máis bonito posible.

  
  • QPC: Futuro de Juni? Queres seguir medrando como adestrador?

Por suposto que si, sigo e teño pensado seguir formándome todo o que poida. É algo que fago porque disfruto como un neno, e co esforzo e dedicación que sempre lle adiquei a isto da pelota seguro que continuarei levando moitas alegrías dos campos de fútbol.

 

ENTREVISTAS QPC

Comentarios