Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Ligas Galegas: O Bergan bate co Dumbría

O Bergantinos Xuvenil esta que se sae
O Bergantiños Xuvenil está que se sae
Ligas Galegas: O Bergan bate co Dumbría

Dous derbis tiñan lugar esta fin de semana nas Ligas Galegas de Base. Os Bergantiños e Dumbría enfrontábanse nas categorías Xuvenil e Infantil, deixando sendas vitorias para os vermellos. Faise patente así a diferencia da posta en marcha dos dous equipos, co Bergantiños líder destacadísimo en Xuvenís, e un Dumbría que pecha as dúas categorías.

En Cadetes, onde descansaba o Xallas, o Bergan non pasaba do empate ante o Ural, e queda na metade da táboa aínda con opcións de meterse entre os 2 primeiros, e o Dumbría volvía da Coruña cun sabor agridoce pero sen puntos.

 

Liga Galega Xuvenil, Gr. C, xornada 7

  • Resultado: Dumbría - Bergantiños (0-3)
  • Dumbría: Rubén Blanco, Isaac, Alex Sánchez, Martín, Guille, Anxo, Marcos, Raúl, Lucas Toba, Alfredo e Raúl. Tamén: Xacobe, Mario, Sendón, Borja e Sergio.
  • Bergantiños: Carlos, Dani Estramil, Noe, Pablo García, Iván Dopico, Pedro, Isra, Ashier, Pardo, Mario, Javi Pérez. Tamén: Íker, Dani García, Alberto e José M. Vila.
  • Goles: 0-1, m.40: Pardo; 0-2, m.60: Pardo; 0-3, m.80: Isra.

Chegou o Bergan ao Conco coa intención de mandar, e así o fixo, con moita posesión, pero cun Dumbría que estaba moi cómodo no campo, conseguía sacar o balón combinado e roubar e facer contras perigosas. Non chegaba arriba o equipo de Óscar Mingui, máis que un par de avisos de Mario Vila Isra e Iván Pardo. Xusto ao fío do descanso, tras un cambio de posicións nos visitantes, un bo pase interior de Manu Vila acaba cun moi bo remate de Pardo para abrir o marcador e facer moito dano no cadro de Martín Vecino.

Estirouse na segunda o cadro local, pero a expulsión de Estramil aos 7 minutos minguou o seu potencial. Aínda así tiveron varias ocasións para empatar os dumbrieses pero entre Carlos e o poste evitárono. Á contra conseguuía sentenciar Pardo (que veu ao partido a pesar de ir horas antes ao sepelio do avó) para rematar o partido sen sufrimento.  

Liga Galega Cadete, Gr.C, xornada 7

  • Resultado: Bergantiños - Ural (0-0).

Resultado xusto nun encontro sen apenas ocasións, pois se enfrentaban o equipo máis golpeador contra o menos goleado. O Bergan tratou de impoñerse a base de balón pero apenas tivo ocasións. O Ural con saídas buscando aos puntas intentaba crear perigo pero a defensa local estivo moi acertada. En resumen partido moi disputado con resultado final xusto.

 

Liga Galega Cadete, Gr.C, xornada 7

  • Resultado: Imperátor - Dumbría (1-0)
  • Dumbría: Íker Muíño, Manuel Vila, Kevin, Leo, Álvaro, Sergio Suárez, Carlos Costa, Hugo Pastoriza, Pablo Gavín, Manu Martínez, Brais Noceda. Tamén: Iker Aufiero, Fabio, Santos, Manu Arias e Mario Trillo.
  • Gol: 1-0, m.22.

Volve sen puntos o cadro de Huelvis pero trae un gran partido, o mellor da temporada, cun segundo tempo no que se fixo acreedor dun mellor resultado. Comezou o choque con iniciativa alterna, aínda que a primeira ocasión clara foi para os visitantes tras unha ocasión de Manu Martínez e Carlos Costa. No ecuador do primeira metade nunha contra adiantábanse os herculinos. A partir de aí os locais empurraron, recuperando rápido e tedo moito o balón pero inquedar a Íker Muíño.

No segundo tempo o Dumbría deu un paso á fronte, e arrincou máis. Chegou en varias ocasións, sen claridade no remate, pero tamén sufriron varias contras, que salvaron de novo Íker e Santos. Foi no último treito cando se o Dumbría si que se fixo dono do partido, gracias ás internadas de Pablo Gavín pola esquerda e as combinacións con Pablo Costa, Manu e Fabio, que tiveron nos seus pés un empate que nunca chegou.

 

Liga Galega Infantil, Gr.C, xornada 7

  • Resultado: Bergantiños - Dumbría (2-0)
  • Bergantiños: Keylan, Iván Castro, Mario Pardiñas, Elena, Lucas, Mateo, Fabián, Martín, Jairo, Joel e Pablo. Tamén: Nico, Dani, Neco, Bruno e Sergio.
  • Dumbría: Dylan Fernández, Jorge Otero, Javi Lema, Javi Blanco, Cristian Lourido, Dani Castro, Alex Blanco, Iago Larrañaga, Manuel Vilela, Pablo Costa e Pedro Pastoriza. Tamén: Anxo Toba, Suso Sar, Antón Canosa, Adrián Trasmonte e Hugo Fernández.
  • Goles: 1-0, m.55: Joel marca de tiro raso nunha falta; 2-0, m.75: Joel.

Comezaba o choque cun Bergantiños que intentaba ser dominador ante un Dumbría que non acababa de asentarse no campo. Así e todo intentaba presionar arriba o cadro dumbriés, que conseguía roubar e crear varias ocasións de perigo na meta de Keylan, como un disparo cruzado de Pedro que saíu as rentes do pau. Trala pausa de hidratación o partido igualouse ata o descanso.

Volvía saír máis cómodo o equipo de Cristian, que nunha xenialidade de Joel se metía por diante. Reaccionou o cadro local dirixido por Joaquín Quintáns e Cristian, pegando un arreón e chegando varias veces á área local ata que a 15 do final, Joel de novo sentenciaba o partido cun remate de cabeza tras un corner.

 

Crónicas das Ligas Galegas

Comentarios