Martes. 02.06.2020
El tiempo

En marcha un novo curso de monitor de Fútbol Sala

Na presentación estiveron presentes Fran Toba, coordinador do Fisober FS; Manolo Corredoira, delegado da RFGF na Coruña e na Costa; Iván Cancela, presidente do Comité Galego de Adestradores e director da Escola Galega de Adestradores; Juan Villamisar, vicepresidente da RFGF; e Iván Pequeño, concelleiro de Deportes de Dumbría.

A Escola Galega de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol continúa co seu compromiso de actualización de técnicos de Fútbol e Fútbol Sala e agora pon en marcha un curso federativo intensivo de Monitor de Fútbol Sala que terá lugar en Dumbría.

A actividade formativa celebrarase nas instalacións municipais de O Conco desde o 29 de febreiro ata o 4 de maio nos seguintes horarios: sábado de 9 a 14 horas.

A inscrición para este curso xa está aberta e debe facerse online a través da páxina web da RFGF.

comentarios