Este mércores a RFGF decide como quedan as competicións

01:03 27/05/20
Esta pasada tarde de martes houbo unha importante reunión da Comisión Delegada para determinar os efectos clasificatorios das competicións en base aos criterios e directrices que xa foron aprobadas pola Asamblea Xeral da Real Federación Galega de Fútbol - Futgal os efectos clasificatorios das competicións en base aos criterios e directrices que xa foron aprobadas pola Asamblea Xeral da Real Federación Galega de Fútbol.
Mañá mércores reunirase o Comité de Competición para poñer nome a cada un dos equipos que ascende de categoría.
Parece claro que si que se aprobarán os descensos dos equipos que xa estaban matematicamente (non hai implicados, por pouco, na Costa), e barállase a posibilidade de doblar os grupos para facer as Ligas máis curtas.
Mañá o resolveremos pois ás 12:00h participaremos na rolda de prensa do presidente e daremos conta de como quedan as competicións, e ás 17:30h teremos un faladoiro cos equipos implicados do Fútbol costeiro.