Métense na finalísima da Champions de Barrios de Esteiro o Abelleira e o Canchester
As Semifinais do XLIV Campionato de Barrios de Esteiro xuntan máis de 400 persoas no Xosé Luís Vara.
O sábado 12 xogouse a primeira das semifinais que enfrontaban os Ciclóns contra Abelleira, donde este último se impoñía por un claro 3-0 con 2 goles do líder na clasificación de goleadores e xogador do UD Montelouro, Álvaro Farinós (8) e outro de Raúl, nova fichaxe do Dumbría para actual tempada. Abelleira métese nunha final despois de varios anos e a só un partido de facerse co que sería o seu 3° título de Barrios.
O domingo 13 foi a quenda do Canchester contra un Pentacosta que sufreu as baixas importantes de Simón, defensa veterán da SD Esteirana e Toni, xogador que se encontra nas filas do Flavia.
O Canchester estivo moi forte na defensa e algo errático na parcela ofensiva. Nada máis lonxe da realidade as ocasións de perigo non tardaron en materializarse. Cun 2-0 ao descanso a favor dos de Creo parecía que todo pintaba que o partido estaba resolto. Ó comenzo da segunda metade o Pentacosta nun córner dáballe emoción o encontro, ainda que pouco durou pois o Canchester con unha defensa férrea e unhas contras letales foron quen de resolver o partido cun contundente 6-2, e meterse na segunda final consecutiva. Goles: Antón 2, xogador do Bertamiráns, David, Iker e Chano, xogadores da UD Montelouro, e un golazo de falta de Anxo Petiño xogador que se formou na base do Real Madrid, pasando despois polo Rayo Vallecano e actualmente nos cadetes do Leganés.
O martes 15 como é costume xogarase a final Abelleira - Canchester as 19:00 da tarde.
- (Crónica facilitada por Róber Pladur).
PALMARÉS DOS ÚLTIMOS ANOS DO CAMPIONATO DE BARRIOS DE ESTEIRO
- 2023: O Independiente de Uhia queda por primeira vez en décadas fóra das semis do Campionato de Barrios de Esteiro
- 2022: O Independiente repite título do Campionato de Barrios tras vencer a penaltis a un brillante Canchester
- 2019: O Independiente volve reinar no Campionato de Barrios de Esteiro
- 2018: Os Ciclóns do Maio levan, por segundo ano, o mítico Campionato de Barrios de Esteiro.
- 2018: Recta final do mítico Torneo de Barrios de Esteiro coas Semis.
- 2017: Os Ciclóns do Maio, campións do 40 Campionato de Barrios de Esteiro.
- 2016: O Independiente faise co campionato de Barrios.
- 2015: Abelleira campións dos Barrios de Esteiro de 2015.
- 2014: O Independiente, campión do Campionato de Barrios de Esteiro 2014.
- 2013: O Campionato de Barrios de Esteiro, unha competición singular: Independiente de Uhia faise co título.
- 2012: Un Ciclón arrasou no Campionato de Barrios de Esteiro.