Miguel Rodríguez, primeiro adestrador cesado na Liga da Costa
16:46 22/10/19
Pasaron 7 xornadas e o primeiro adestrador xa foi destituído na Liga da Costa. Miguel Ángel Rodríguez, despois da súa experiencia na base do Sofán, tomaba o mando en verán deste novo Buño. O equipo aínda non coñece a vitoria e a directiva decidiu cesalo a semana pasada para intentar "cambiar a dinámica".
Esta pasada fin de semana foi o vicepresidente Richar o que fixo labores dende o banquiño, pero xa andan buscando un relevo.
Primeira baixa nos Xuvenís
Tamén nos Xuvenís, houbo a primeira destitución. Riki foi cesado como adestrador dos Xuvenís do Cee, tras un comezo moi negativo. 5 derrotas en 5 partidos para un equipo chamado a moito máis.
Abraham está como adestrador interino.