Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Fútbol da Costa escolle aos mellores da temporada

O Fútbol da Costa escolle aos mellores da temporada
Así quedaron os Trofeos da Olería de Buño que se van entregar na Gala do Fútbol da Costa - QPC Así quedaron os Trofeos da Olería de Buño que se van entregar na Gala do Fútbol da Costa - QPC, feitos por Feituras Cartel da Gala do Futbol da Costa 2017 Este venres 16 de xuño, a partir da 21:00h, os mellores do curso 2016/2017 do Fútbol da Costa da Morte danse cita no Auditorio do Voluntariado do Edificio de Servizos Múltiples do Concello de Muxía. Alí se celebrará a IV Gala do Fútbol da Costa - QPC que organiza o diario dixital da Costa da Morte Quepasanacosta, e que conta coa colaboración do concello muxián e o apoio da Federación Galega de Fútbol. A Gala será dirixida por Fran Hermida, a voz branquiazul de Radio Coruña-Cadena Ser, e amenizada polo humorista David Perdomo. Faranse entrega de 28 premios aos mellores do curso, comezando polo Fútbol Base, e chegando mesmo a facer entrega do Premio Histórico, que este ano recae na figura de Tito Luaces. Non faltarán á súa cita os árbitros que ademais de escoller ao Árbitro do Ano, propuxeron a que é a meirande novidade deste curso: o Premio ao Delegado do Ano. Tocará nomear a Acción Máis Deportiva, que será un dos momentos emotivos da noite, pois lembraremos a dous cativos senegaleses que nos deixaron antes de tempo: Abdoulaye e Cissé. Outro dos momentos máis simbólicos da noite volverá ser a entrega do Premio Álex Pombo ao Porteiro menos goleado, facendo referencia ao meta cabanés que falecía hai dous anos. Ademais, máis de 120 persoas vencelladas co fútbol costeiro (directivos, adestradores, capitáns, xornalistas, afeccionados...) escolleron os premios máis importantes a través das súas votacións: Mellor Xogador, Mellor Equipo, Mellor Adestrador, Mellor Directiva, Mellor Afección, Mellor Equipo de Fútbol Base, e Mellor 11 ideal. Un xeito de que a escolla dos mellores sexa o máis obxectiva posible. A gala contará coa presenza do presidente da FGF Rafael Louzán, e numerosos representantes municipais.  

Os Patrocinadores

[fbvideo link="https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/1329011383884182/" width="800" height="500" onlyvideo="1"]  

Novas relacionadas

As Galas do Fútbol da Costa

Máis información

Fonte

Comentarios