Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Preferente: 5 vitorias seguidas para meterse entre os 5 primeiros

SD SOfan 5 vitorias seguidas
Tremendos os números do Sofán
Preferente: 5 vitorias seguidas para meterse entre os 5 primeiros

5 vitorias seguidas e 11 partidos sen perder leva o Sofá neste espectacular treito de liga. O cadro de Pablo Torreira vencía o xoves na casa ao pechacancelas Portomarín por un apretado 1-0, cun tanto de Eibe, e repetía vitoria onte en Ribadeo por 0-2, cos goles do propio Eibe na primeira metade, e sentenciando no treito final cunha contra levada polo Adri e finalizada por Montero, ambos xuvenís.

Fisterra en Mugardos
O Fisterra en Mugardos

Non tivo tanta sorte o Fisterra de Cali. O xoves en Mugardos perdía 2-0, tras unha primeira metade moi igualada ata a expulsión de Ibra. Fixo un gran partido o cadro fisterrán, pero unha vez máis sen premio.
No partido do domingo, a pesar da resaca da Semana Santa, o equipo saía dominador en Ara Solis ante o Unión. Pero encaixaba no ecuador da primeira metade, e as baixas e o cansanzo impediu que a remontada fose viable. Só Makaay, case cun gol por partido, puxo a súa nota.

O domingo, derbi

Este domingo toca derbi no Carral. O Fisterra, xa descendido, visita o campo do Sofán para intentar romper a súa serie incrible de resultados.

TODAS AS CRÓNICAS DA PREFERENTE

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios