Luns. 20.05.2024
El tiempo

Preferente: Ano novo, novas intencións

Fisterra en Boiro 2
Novos xogadores fisterráns en Boiro. Foto: SD
Preferente: Ano novo, novas intencións

Un puntiño sumou o Sofán en As Pontes para manter a boa serie de resultados coa que rematou o 2022 e ficar 8 xornadas invicto.

E tampouco cambiou o rumbo dos resultados o Fisterra de Kali. A pesar das novas incorporacións, o equipo non sacou nada positivo do sempre complicado campo do Boiro (4º da táboa) e acabou goleado. En calquera caso, o cambio de actitude parece evidente.

Boiro - Fisterra (5-0)

  • Fisterra: Cote; Aarón xuv., Julito, Andrés, Lois xuv. (Gabi); Luisete, Ibrahim, Nuda (Guille xuv., m.50); Juan, Coria (Jose, m.60) (Isaias, m.82) e Ibra.
  • Goles: 1-0, m.10; 2-0, m.60: de penalti; 3-0, m.65; 4-0, m.67: en propia meta; 5-0, m.80.

Fisterra 11 en Boiro

Chegaba con baixas importantes Kali, como Breixo, Lobelos, Mario e Juan Trillo (tivo ata que poñerse na segunda metade o porteiro xuvenil Isaias de xogador de campo) pero cun medio campo inédito coas fichaxes de Luisete, Ibrahim e Nuda. O equipo pelexou moi ben, e competiu nunha gran primeira metade, na que Cote tivo dúas boas intervencións e en ataque chegaron nun par de xogadas a balón parado.

Na segunda, un penalti e un tanto consecutivos rompían o partido. En calquera caso Kali queda moi contento coa actitude do equipo, moi diferente do final de ano, ante un dos claros favoritos.

As Pontes - Sofán (0-0)

SD Sofan en As Pontes

  • Sofán: Brais, Iván, Noé, Gody, Canedo; Fabián, Dani Pena, Dani García, Pablo, Paulo e Bandera. Tamén: Álex, Alexandre,Taibo, Gallego, Junio e Eibe.

Impediu o mal estado do terreo ver algo de fútbol no Poboado. Pero non impediu ver unha despregadura de brega, loita polos segundos balóns, e moitas chegadas a balón parado.

As dúas ocasións máis claras para a SD foron un remate de cabeza de Iván Martínez que pasou lambendo o pau, tras un gran centro de Dani Pena e un golpeo dende fóra da área de Pablo Parafita, que non acabou en gol pola gran intervención do meta local.
O As Pontes tamén puido adiantarse no marcador nun remate cruzado do seu extremo esquerdo que sacou a corner Brais cun pé milagroso.

 

Todas as crónicas de Preferente

A táboa en futboldacosta.com

Comentarios