Venres. 19.04.2024
El tiempo

Preferente: Brais Cancela salva un punto ante o líder

Sofan Sarriana lusi 1
Foto de Luís González do Sofán-Sarriana
Preferente: Brais Cancela salva un punto ante o líder

Un golazo de Brais Cancela salvou un punto no Carral para a SD Sofán ante o líder, a poderosa Sarriana. O cadro de Pedro Torreira tratou cara a cara ao cadro lucense e conseguiu seguir sumando para escapar da zona perigosa.

Duro pau para o Fisterra, que malia seguir mellorando perdían unha ocasión de ouro ante un rival dos que marca a salvación.

Sofán - Sarriana (3-3)

  • Sofán: Alex, Diego, Becerra, Alex Montes, Dani García, Dani Pena, Xandre, Canedo, Fabián, Eibe e Bandera. Tamén: Brais, Noe, Iván Parafita, Fita, Brais Cancela, Alex, Juan.
  • Goles: : 0-1, m.1; 1-1, m.7: Eibe, dende o medio campo; 2-1, m.45: Eibe, golazo de falta directa; 2-2, m.51; 2-3, m.68; 3-3, m.85: Brais Cancela anota un golazo.
Sofan-Sarriana Luis
Foto: Luís González

Fermosa tarde no Carral, cun cadro local que soubo erguerse a pesar de comezar o partido cun gol no lombo tras unha perda na saída do balón. Pero pronto reaccionaron os carballeses, que aos 7 minutos, roubaban tamén no medio campo, e Eibe vía ó porteiro adiantado e o sorprendía de primeiras. Estaba tolo o partido en case que na seguinte xogada Alex tivo que salvar un man a man visitante. E cando máis estaba sufrindo a SD, unha contra lanzada por Alexandre remataría nunha falta na frontal que aproveitaría de novo Eibe para marcar un auténtico golazo pola escadra.

Á volta do descanso, a SD intentaba tapar espazos e sair á contra, pero tras unha gran xogada combinativa os visitantes conseguirían o empate. No ecuador do segundo tempo a Sarriana, que estaba mellor colocada, metíase por diante nunha xogada a balón parado. Pero non se renderon os locais, que empataban a 5 do final cun auténtico golazo pola escuadra de Brais Cancela dende o pico da área.

A anécdota do partido sería a entrada de Brais como xogador de campo para disputar os últimos 10 minutos.

 

Fisterra - As Pontes (0-1)

11 do Fisterra en Ara Solis

  • Fisterra: Cote, Julito, Breixo, Juan, Aarón Lobelos, Mario, Luisete, Gabri, Aarón, Souleiman e Ricardo Coria. tamén: Isaías, Lois, Adrián Makaay, Ibra, Juanciño, Guillermo.
  • Gol: 0-1, m.70.

Fisterra-As Pontes

Primeira metade moi igualada, con moito medio campo, ante un Fisterra moi serio que non permitiíu nin un só achegamento do rival, e si que tivo dous bos remates de Lobelos.

Abriuse na segunda o choque, e o propio Lobelos estivo a piques de abrir o marcador pero o meta rival fixo un auténtico paradón. Os locais pediron un par de penaltitos que o colexiado non veu.

A lesión de Luisete e a de Breixo provocou cambios no equipo. Os visitantes se adiantaban nun roubo nun saque latera, e puideron ampliar a renda se non fai unha boa parada Cote, que ademais parou o penalti e tamén o rexeite, e estivo moi firme nos balóns aéreos.

TODAS AS CRÓNICAS DA PREFERENTE

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios