Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Preferente: Un día máis na oficina

Fisterra en San Tirsmo
Fisterra en San Tirsmo
Preferente: Un día máis na oficina

Nova derrota do Fisterra e empatiño do Sofán en Sigüeiro. Este foi o balance, máis que repetido, da xornada para os nosos costeiros, co Sofán na metade da táboa, e o Fisterra afundido no fondo da mesma, a pesar de competir cada vez mellor.

Sigüeiro - Sofán (2-2)

11 dp Sofan en Sigueiro
11 do Sofán-Foto: Luís González
  • Sofán: Álex, Iván, Noé, Gody, Becerra; Canedo, Alexandre, Fita, Taibo, Fabián, Dani Pena e Dani García. Tamén: Brais, Pablo, Brais Cancela, Gallego, Bandera, Juanjo, Eibe, Montes e Paulo.
  • Goles: 1-0, m.35; 2-0, m.38; 2-1, m.49: Bandera; 2-2, m.63: Bandera.

Unha parte para cada equipo no Lino Balado. O choque comezaba con demasiado respecto e mesmo a SD puido adiantarse cunha chegada de Alexandre. Pero era o cadro local o que ía impoñendo o seu ritmo, ata que pasada a media hora faría dous goles consecutivos.
Tardou en reaccionar o equipo de Pablo Torreira pero xa antes do descanso Eibe lanzou unha falta que pasou cerca do pau.

E saíu por todas do vestiario na segunda, e na primeira chegada un centro de Iván dende a dereita, era rematado de cabeza por Bandera. Non baixou o ritmo da presión, roubando e entrando moi ben por banda, como chegaría o segundo, desta volta co mesmo rematador pero con centro de Dani Pena. Tivo o terceiro o propio Bandera tras unha xogada de Paulo, pero o pau repeliu o remate do dianteiro. Tivo tamén que aparecer Alex no treito final para salvar o punto.

San Tirso - Fisterra (4-1)

  • Fisterra: Cote, Lobelos, Gabri, Julito, Andrés Vigo, Mario Senlle, Aarón, Luísete, Ibrahim, Alex Vázquez, Ibra. Tamén: Isaias, Lois, Adrián Makaay, Jose, Ricardo Coria, Guillermo,
  • Goles: 1-0, m.16: golazo de falta; 2-0, m.66; 3-0, m.67; 3-1, m.70: Adrián Makaay; 4-1, m.86.

Partido moi competido, moito máis do que sinala o resultado, cunha hora de igualdade máxima. O Fisterra obrigou a xogar moi directo aos locais, porque a cada roubo dos costeiro había perigo gracias á verticalidade nas transicións. O San Tirso abría o marcador tras unha falta moi protestada polos fisterráns. De aí ao descanso non houbo ocasións en ningún dos dous equipos.

Comezaba igualada a segunda, pero clave foi a expulsión a Andrés por protestar no m.60. Minutos despois rompeuse co dous tantos seguidos dos locais. Aínda cun menos e coa situación anímica en contra pelexou o Fisterra, volvendo marcar Makaay desta volta nunha presión de rebote.

A peor nova a expulsión de Andrés, que coa lesión de Jano deixa a defensa de Cali moi tocada.

Cali considera que o equipo está competindo ben e non están sendo xustos os resultados.

Todas as crónicas da Preferente

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios