martes. 12.11.2024
El tiempo

Preferente: O Fisterra arrincou a campaña con vitoria na Laracha

O Fisterra debutou de blanco na laracha
O Fisterra debutou de blanco na Laracha
Preferente: O Fisterra arrincou a campaña con vitoria na Laracha

Arrincou a Preferente Norte (non o puido facer o Xallas por problemas coa axenda do partido) e fíxoo cun Fisterra que amosou os seus dentes no Municipal da Laracha. É certo que non foi un partido brillante dos de Juan Purrúa e Juan Cabrejo pero si que demostraron unha boa pegada.

Un equipo por agora curto que tiña baixas tan importantes como as Aarón López, Diego Cespón ou Cristian, e que aínda está en construción, pois aínda quedan un par de fichas por chegar. Un equipo ademais que trata de recuperar a entidade con xogadores da casa, como Diego, fisterrán que procede do Calasanz de División de Honra xuvenil.

Preferente Norte, subgr. A, xornada 1

  • Resultado: Laracha - Fisterra (0-2)
  • Fisterra: Iván Bouzón; Yepes, Pablo Vigo, Jose Cea, Breixo, Aarón Fdez., Ricardo, Diego, Julián, Ezequiel e Vía Rápida. Tamén: Adrián Makaay, Aarón Lobelos, Andrés, Dani.
  • Goles: 0-1, m.25: Vía Rápida; 0.2, min.73: Aarón Lobelos.

Sendo o primeiro partido xa se sabía que ía ser un choque tedioso, nervioso, rudo… cun Laracha correoso ao que o Fisterra intentou contrarrestar tendo o balón. O choque estaba relativamente controlado polos fisterráns, que xa avisaran antes de que o vimiancés Vía, unha das fichaxes do curso, abrira o marcador. De aí ao descanso foron os mellores minutos co equipo máis asentado, dominando.

Na segunda, o cadro local estirouse e intentanba chegar máis, e a pesar dalgunha que outra indecisión na área fisterrá, non era quen de abrir o marcador. Pero xusto aí cegaron as melloras ocasións os fisterráns á contra, que non sentenciou ata o terzo final, cando Aarón Lobelos marcaba nada máis saír, permitindo que os últimos 15 minutos foran máis tranquilos.

”Moi contento coa actitude do equipo, sabendo que temos cousas que mellorar, pero vexo a xente enchufada”, sinala Juan Porrúa, que destaca que neste formato cada partido é fundamental.

Comentarios