Luns. 20.05.2024
El tiempo

Preferente: O Fisterra frea ao Sofan

O Fisterra celebrando a vitoria no Carral
O Fisterra celebrando a vitoria no Carral
Preferente: O Fisterra frea ao Sofan

Levaba 11 partidos sen perder, e 5 vitorias consecutivas. Pero chegou o Fisterra ao Carral e alá vai a serie. Un Fisterra cheo de xuvenís (mesmo ao borde de facer aliñación indebida) conseguía romper a serie de todo un Sofán, demostrando que os equipos de Cali compiten.

Sofán - Fisterra (0-2)

11 do Sofan ante o Fisterra
11 do Sofán. Foto: Luís González
  • Sofán: Álex, Gody, Bece, Fita, Dani García, Pablo Parafita, Raúl Pérez, Brais Cancela, Bandera, Juanjo e Jacobo. Tamén: Iván, Alexandre, Adrián, Dani Pewna, Brais Gómez, Taibo e Montero.
11 do Fisterra no Carral
11 do Fisterra no Carral. Foto: Luís González
  • Fisterra: Cote, Jose, Julio, Juan, Andrés Vigo, Alejandro, Luisete, Mario, Ibrahim, Huillermo e Adrián Makaay. Tamén: Isaías, Lois, Bilal, Juan, Jose e Aarón.
  • Goles: 0-1, m.18: Julito remata unha falta lateral botada por Makaay; 0-2, m.90: Adrián Makaay colle un balón á conta, faille un sombreiro a un defensa e a clava pola escuadra de volea.
Capis de Fisterra e Sofan no Carral
Capis de Fisterra e Sofan no Carral. . Foto: Luís González

Derbi no Carral moito máis tenso do que se esperaba polas posicións Non saíu enchufado o cadro carballés na primeira metade, e o Fisterra tivo unha de Ibra, varios centros de rematador… ata que Julito abría o marcador. Aí meteuse algo atrás o cadro de Cali, pero só a balón parado facía dano o equipo de Pablo Torreira, malia ter máis o dominio do balón.

Na segunda parte veriase un Sofán máis recoñecible e gozaría de varias ocasións que en calquer outro partido incluso serían suficientes para gañar. Pero nunha internada de Ibra, conseguía un penalti que Alex lle paraba a Makaay. Estirábase o Sofán que facía intervir a un Cote que estivo espléndido, para evitar o empate. O 0-2 chegaría no desconto tras un balón ó espacio sobre Makaay que tras un sombreiro e un remate coa zurda metería un golazo pola escadra.

TODAS AS CRÓNICAS DA PREFERENTE

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios