Preferente: O Fisterra si gaña
Primeira vitoria da tempada para o Fisterra. Os de Cali déronlle unha alegría aos Rapacollóns vencendo, con xente da casa, sumando 3 puntos que lles permiten ademais saír do posto de pechacancelas.
Ademais, o Sofán sumou un puntiño nun choque ao que chegaba cheo de baixas, que o mantén lonxe dos postos de descenso.
O Pino - Fisterra (0-2)
- Fisterra: Cote, Jose, Julito, Juan, Andrés Vigo, Lobelos, Luisete, Juan, Alex, Aarón, Ricardo Coria. Tamén: Lois,Isaía, Gabri, Guille.
- Goles: 0-1, m.62: Ricardo Coria; 0-2, m.87: Guille.
Con xente da casa conseguíu o Fisterra a súa primeira vitoria da temporada. E fíxoo ante o 7º clasificado, un O Pino que sufriu o potencial da canteira da fin da terra. Tivo a sorte de cara, por fin, o cadro de Cali, que viu como non lle pitaban un posible penalti en contra na primeira metade, e como Cote fixo varias intervencións de mérito.
Tamén avisou na primeira metade o cadro fisterrán. Pero na segunda, dúas boas contras foron finalizadas moi ben polos locais, unha por Coria e outra por Guille, para alegría da parroquia verde.
Galicia Mugardos - Sofán (1-1)
- Sofán: Brais Gómez, Noe, Gody, Fabián, dani Pena, Dani García, Pablo Parafita, Brais Cancela, Bandera, Jacobo Eibe e Montes. Tamén: Alex, Bece, Taibo, Marcos e Juanjo.
- Goles: 1-0, m.24; 1-1, m.85: Pablo Parafita.
Moito vento na Pedreira, cun Sofán ben armado atrás. Brais tiña que intervir nunha fermosa falta, poico antes de que o mesmo Gaballe marcase o primeiro. A partir deste minuto o Mugardos daría un paso atrás esperando as transicións. Tras o paso polos vestiarios o Sofán sairía moito mellor, sendo claro dominador, pero os rápidos dianteiros locais facían daño á contra. Tivo o 2-0 o cadro local, pero o pau impediuno na única chegada dos locais na segunda metade.
Insistiu o Sofán, que foi chegando e chegando, avisando por medio de Gody, ata que Pablo fixo o prezado empate.