Preferente: O Fisterra non soubo competir cun rival directo
Está sendo un comezo de temporada complicado para a SD Fisterra. Tiña un choue directo ante un dos de abaixo pero non conseguiu competir e acabou goleado, manténdose na penúltima praza con só 2 puntos en 7 xornadas.
Tampouco foi para tirar cohetes a xornada do Sofán, que non pasaba do empate ante un serio Galicia Mugardos e se mantén con 6 puntos, moi preto dos postos de descenso.
Fisterra - O Pino (1-5)
- Fisterra: Aarón, Juan, Breixo, Julito, Andrés Vigo; Lobelos, Jonathan, Juanciño, Mamadou, Alex Vázquez, Hibrahim. Tamén: Ángel, Islam, Lois, Martín Canosa.
- Goles: 0-1, m.19: Jonathan; 0-2, m.23: Jonathan; 0-3, m.46: Jonathan, 0-4, m.74: Julio Díaz; 05-, m.80: Jesús; 1-5, m.89: Hibrahim.
Non competiron os fisterráns nun partido que tiña que gañar ante un rival directo. O cadro visitante, sen grandes despregaduras foise impoñendo, aproveitando os momentos de máximo desconcerto da defensa local.
Na segunda metade o equipo de Ángel foise arriba pero moi desordenado e foi superado en todo momento polo cadro santiagués.
Está pagando caro o cadro verde tantos cambios, e espera poder recuperar efectivos importantes e mesmo pensa en poder facer algunha fichaxe para reforzar o equipo.
Sofán - Galicia Mugardos (0-0)
- Sofán: Brais, Iván Martínez, Noé, Diego Rod., Juanjo, Dani García, Pablo Parafita, Iván Parafita, Bandera, Eibe e Fabián. Tamén: Mario, Becerra, Canedo, Alexandre, Miguel Taibo, Pena e Alex Montes.
Partido moi igualado e tenso o vivido no Carral, no que se ben o empate sen goles é un xusto resultado, foron os locais os que máis posesión e ocasións tiveron. Como un remate de Bandera que parou o porteiro na primeira metade.
Na segunda, balóns longos e algunha acción a balón parado, onde as únicas ocasións foron un penalti non pitado por mans na área local, ou un gol anulado por fóra de xogo e un penalto non pitado no último segundo na área visitante.