Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Preferente: O Sofán consegue a súa primeira vitoria

Sofan o Pino
Gran ambiente no Carral, coma sempre- Foto: Luís González para a SD
Preferente: O Sofán consegue a súa primeira vitoria

Primeira vitoria do curso para o Sofán de Pablo Torreira. Os carballeses fixeron de novo do fortín do Carral un feudo inexpugnable para un O Pino que apretou ata o final.

Non puido estrear o taboleiro de vitorias este noviño Fisterra, e iso que Breixo metía por diante aos de Ángel Ventanas. O Dubra conseguía darlle a volta ao marcador na segunda metade.

Fisterra - Dubra (1-2)

  • Fisterra: Ángel, Breixo, Julito (Mamadou, m.46), Andrés Vigo, Mario, Lobelos, Juan Formoso (Adrián Makaay, m.76), Jano, Islam, Hibrahim, Jose M..
  • Goles: 1-0, m.15: Breixo de cabeza nun córner; 1-1, m.63; 2-1, m.80.

Non mereceu o Fisterra perder este partido, tras unha primeira moi boa primeira metade, do que mellor que leva o equipo na tempada. Pero o oficio e a dureza dos visitantes (á mocidade fisterrá sumábanse 4 baixas importantes) fixo que conseguiran remontar o choque no segundo tempo.

O cadro de Angel estivo moi ben posicionado, sen permitir ocasións en todo o primeiro tempo, controlando ben os tempos, e adiantándose por medio de Breixo, xa feito un dos puntais do equipo.

Recortou na segunda o Dubra nunha xogada a balón parado. E co 1-1, chegaou a xogada clave do partido. Islam colábase entre a defensa e caía ante a saída do porteiro na entrada da área, o que podería ter sido penalti e expulsión. O colexiado non o sinalou, e na seguinte xogada, nunha falta lateral (a importancia do balón parado nestas categorías é vital) o Dubra dáballe a volta ao marcador.

Nin a saída dun tocado Makaay no último cuarto de hora permitiu que o Fisterra conseguise empatar.

Sofán - O Pino (2-1)

11 do Sofan ante o Pino

  • Sofán: Alexandre, Iván Martínez, Noé, Diego, Taibo, Dani García, Iván Parafita (Alexandre, m.77), Pablo Parafita, David Bandera (Gallego, m.82) (Raúl, m.87), Juanjo e Eibe (Fabián, m.64).
  • Goles: 0-1, m.20; 1-1, m.27: Iván Martínez; 2-1, m.47: Taibo.

Complicada pero saborosa vitoria a que leva o Sofán. Os de Pablo Torreira comezaban mandando, pero sen chegar á última liña. Pouco a pouco ían abrindo fendas na área rival, pero tras un saque de banda os visitates se metían por diante cun golazo pola escuadra. Pouco tardou a alegría para o cadro carballes xa que nunha xogada a balón parado Iván Martínez facía o empate. Pouco despois reclamaría un penalti por caída clara de Parafita.

Nada máis comezar segunda un centro de Iván era rematado por Taibo para facer o 2-1. Quedaba moito partido, e o xogo convertiuse nun ida e volta, con moitos balón colgados dos visitantes á área de Alexandre. Á contra ben puido sentenciar o cadro carballés, pero non o fixo e acabou sufrindo as embestidas locais, que puido aguantar para sumar a primeira vitoria da temporada.

 
SOfan Ivan Martinez Gol
Iván Martínez celebrando o tanto da vitoria-Foto-Luís González para a SD

Máis crónicas de Preferente

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios