Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Preferente: O Sofán recupera a senda da vitoria mentres o Fisterra segue mellorando sen premio

Dubra-Fisterra
Árbitros e capis no Dubra-Fisterra
Preferente: O Sofán recupera a senda da vitoria mentres o Fisterra segue mellorando sen premio

Recuperou, tras 6 semanas sen conseguilo, a senda da vitoria a SD Sofán. Tras un fulgurante comezo de ano, o cadro de Pedro Torreira seguía sumando, pero de 1 en 1, e esta mañá de domingo pegou enriba da mesa un forte golpe goleando ao que estaba na 6ª praza, e na súa casa. Mantén así a 9 puntos os postos de descenso.

O que segue sen sumar a súa primeira vitoria en todo o curso é o Fisterra. Os de Cali volvían perder, pero facíano dando a cara ante un dos aspirantes ao ascenso.

O Pino - Sofán (1-5)

SD Sofan en O Pino

  • Sofán: Brais, Iván, Noé, Gody, Becerra; Alexandre, Fabián, Dani Pena, Bandera, Juanjo e Jacobo Eibe. Tamén: Alex, Canedo, Fita, Brais Cancela, Montero, Montes e Adrián.
  • Goles: 0-1, m.6: Alexandre; 0-2, m.30: Bandera; 0-3, m.50: Eibe de penalti; 1-3, m.55; 1-4, m.65: Dani Pena; 1-5, m.75: Alexandre.

A pesar de baixas tan importantes como as irmáns Parafita, Gallego, Taibo e Dani García, o Sofán dou a sorpresa no Reboredo. Xa saían enchufados os carballeses e pronto Alexandre abría o marcador aproveitando un balón diagonal ás costas da defensa. Bandera avisaba durante unha media hora moi seria dos costeiros, e el mesmo marcaba á media hora tras un saque de banda, peinado en primeira instancia por Becerra.
Os locais buscaban arriba a Eloy pero a defensa onte verde estivo moi seria.

Importante foi o gol de penalti, por mans, que Eibe conseguía nada máis volver dos vestiarios. Intentouno o cadro local, que conseguía recurtar, pero moi pronto Alexandre e Dani Pena sentenciaban, permitindo que xuvenís como Adrián Vázquez ou Marcos Montero tivesen minutos.

Dubra - Fisterra (2-0)

  • Fisterra: Cote, Julito, Juan, Andrés Vigo, Lobelos, Gabri, Guille, Mario Senelle, Luisete, Juan Trillo, Ricardo Coria. Tamén: Jose, Lois, Adrián Makaay, Ibra, Martín Canosa, Mido e Adam.
  • Goles: 1-0, m.4; 2-0, m.13.

Dubra-Fisterra en

Desesperación no cadro técnico pois volveu ser superior ao rival, con 4 xuvenís no cadro titular, pero non tivo premio outra vez. Dous goles iniciais, evitables, marcaron o partido. O cadro de Cali reaccionou, mantivo o control do partido e apenas permitiron unha ocasión ao longo dos restantes 75 minutos que desbaratou Mario.

No cadro fisterrán debutaban Mido e Adam, que tivo unha das mellores ocasións na primeira metade querendo ceder atrás no canto de rematar.

Unha segunda metade que foi un carrusel de ocasións para os verdes, como unn par de remates claros de Coria; varios centros que non chegan a remate por centímetros; varios tiros dende fóra; e ata momentos con 5 córners consecutivos. Os visitantes pediron 3 penaltis.

adam e Mido Fisterra
Adam e Mido debutaron

TODAS AS CRÓNICAS DA PREFERENTE

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios