O Premio Abdoulaye ao Fútbol Base este ano vai para Sofán
As Seleccións de base, as escolas de Malpica e Zas, o Cabana, o Outes, os Miúdos ou o ese equipo alevín das rapazas do U.C Cee do ano pasado, xa levaron o Premio Abdoulaye ao Fútbol Base. Esta 6ª edición dende o equipo de deportes de QPC queremos destacar a labor dun dos clubs que máis medraron na última década, e a día de hoxe están na categoría máis alta do noso fútbol.
Un equipo que hai apenas 10 anos non tiña base ningunha e que a día de hoxe conta con 13 equipos dende Biberón ata Xuvenís, e 239 rapaces e rapazas, competindo ademais ao máximo nivel.
Falamos da SD Sofán. Lembran que o club carballés non tiña base dende facía décadas e aló polo 2010-2012, varias familias dos nenos do CEIP de Sofán pediron ao club a organización dun torneillo, para xogar os da parroquia de Sofán contra os de Verdillo. De aí naceron dous equipos, un alevín e outro benxamín, que foron dando pasiños
O club foi medrando, aumentando o coidado da canteira, sempre a partir duns formadores fantásticos, creando un campamento de verán espectacular, e un Torneo de nivel estatal que mesmo chegou a ser abandeirado da Liga de Fútbol Profesional.
O club colaborou moito co Bergantiños, facendo medrar a moitos rapaces da canteira que se formaron no club e que pasaron polos Ligas Galegas co Bergan e outros clubs (seguramente o 2º porteiro do ano que vén será parte da canteira sofanista). Moitos deles agora volveron para conseguir o espectacular doblete de Xuvenís.
O club ademais este ano meteu un equipo na final da Copa Infantil.
OS PRIMEIROS PREMIOS CONFIRMADOS
Xa temos algúns premios confirmados:
- Rosío e Naroa, a Pombo e a Pichichi do #FUTFEM costeiro.
- Diego Estévez e Anxo, o pichichi e o Pombo da Pref. e 1ª.
- Xandre e Mariolo, os Premio Alex Pombo das Ligas da Costa.
- Iván Rojo e Lucas levarán os Trofeos aos Pichichis das Ligas da Costa.
PATROCINADORES
Compre agradecer ás casas que fan posible esta gala, que conta co apoio da Real Federación Galega de Fútbol e do Concello de Corcubión:
- Servicio Técnico Oficial Saunier Duval.
- Cárnicas Domínguez.
- Carbónicas Landeira “La Pitusa”.
- Restaurante Lonxa D’alvaro (Muxía).
- Iván Vilanova Asesoría e Auditoría.
- Seguros Reale Roberto Mouro Baio-Zas-Santa Comba.
- Autocares J. Pombo.
- Grupo As Baleas (Cee - Muxía - Fisterra).
- Aluminios Dumbría.
- Muebles Ordóñez (Ponte do Porto.
- Electricidade Héctor Castro (Cerqueda).
- Asesoría Asfeco (Malpica).
- Manuel Castiñeira Clínica Dental.
- El Juguetón.
- Cristalería Vilas.
- Escola de Porteiros Nordés.
- Restaurante Carrumeiro (Corcubión).
QPC agradece tamén a colaboración continua de Gerca, Bazarra, Oemáis, Centro Comercial Finisterrae, Gerca, O Semáforo de Fisterra e o Faro de Lariño, As Eiras de Lires, Bar o Moncho.