Luns. 29.04.2024
El tiempo

A Selección da Costa-QPC terá unha nova cita solidaria

Partido Selec FEM (960 x 540 px)
A Selección da Costa-QPC terá unha nova cita solidaria

Este venres 15 de decembro, ás 12:00h, o Salón de Actos do Concello de Muros acollerá a presentación do Partido Solidario da Selección da Costa-QPC Feminina contra o Sporting Cambre. Un choque que servirá para recadar fondos para a Asociación Galega de Ataxias, tan presente na nosa comarca a través da súa presidenta, a malpicá Juliana Moscoso, ou o activo corcubionés Rogelio Antelo.

A idea de QPC é darlle continuidade ao 11 ideal escollido por unhas 30 persoas do FUTFEM costeiro na Gala do Fútbol da Costa-QPC 22/23. Con todo, o equipo técnico intentará facer unha convocatoria que represente a meirande parte dos equipos actuais.

Así, coa colaboración do Concello de Muros, da UD Monte Louro e da RFGF prepara esta cita que lembra a marea de solidariedade vivida o ano pasado no Conco. Desta volta, o partido solidario será o sábado 30 de decembro ás 16:30h no campo Agra da Filgueira de Louro, e haberá sorteos espectaculares.

Durante a presentación, na que participarán na presentación María Lago (alcaldesa do Concello de Muros), Damián Torea (concelleiro de Deportes) e Ubaldo Cerqueiro (Quepasanacosta), ademais dun representante da Asociación Galega de Ataxias, da UD Montelouro e da ED Os Miúdos, daranse os datos concretos do equipo técnico e da lista de xogadoras que representarán aos clubs costeiros, despois da revolución que viven este ano as categorías femininas.

A vindeira semana coñeceremos o segundo partido solidario que está artellando o equipo de Deportes de QPC, formado por Alberto Pose e Óscar Leis.

Máis novas

Historial dos patidos solidarios da Selección da Costa QPC

Comentarios