Último sprint para o Álbum da Costa, un fito único no fútbol base galego
Aquí as tedes, son as portadas dos dous álbumes de cromos do Fútbol Base costeiro que estades a piques de comezar a ver polos quioscos. Gracias á colaboración de La Pitusa e Mariscos Antón, os patrocinadores oficiais, este ano poderemos coleccionarnos a nós mesmos, un luxo que ningunha outra liga do fútbol base galego pode disfrutar. Por algo o Fútbol da Costa é tan especial!
Serán 900 os nen@s que teñan os seus cromos, e que poidan coñecerse a través desta iniciativa que pretende vertebrar a Costa da Morte a través do deporte. Unha iniciativa que tamén conta coa colaboración de boa parte dos Concellos.
Unha vez rematadas as sesións de fotos, o equipo de Sportcrom (empresa de Vigo que realiza o álbum xunto ao equipo de QPC formado por Alberto Pose, Manuel Varela e Ubaldo Cerqueiro) xa se atopa en modo edición. Os responsables dos clubs están facendo as correspondentes correccións para que non haia erros.
Pronto os máis de 25 puntos de venta, que pronto anunciaremos, e moitos clubs terán os cromos!!
Todas as novidades do Álbum da Costa
- Decembro 19: Recta final para o Álbum da Costa: As fotos xa están listas.
- Novembro 19: O #ÁlbumdaCosta de F8 esquiva ás Alertas e segue xerando máxima expectación.
- Novembro 19: #ÁlbumdaCosta: “Douche 3 sobres polo meu fillo”.
- Outubro 19: O Álbum da Costa xa percorre os campos retratando aos 900 protagonistas.
- Outubro 19: En marcha o novo Álbum de Cromos do Fútbol Base da Costa 2019/2020.
- Febreiro 2019: Muros, Corme, Vimianzo e Baio, os puntos quentes do Álbum da Costa.
- Decembro 2018: Xogadoras e árbitros, protagonistas da Gala de estrea do Álbum da Costa.
- Decembro 2013: Da repercusión mediática do Álbum de Cromos da Costa.