Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Vimianzo e Ponteceso triunfan nos Campionatos Provinciais de Futsal

EMF Vimianzo nos Provinciais 2
Vimianzo e Ponteceso triunfan nos Campionatos Provinciais de Futsal

Esta pasada fin de semana o pavillón de Irixoa acollía as finais dos Campionatos Provinciais de Fútbol Sala. Os gañadores das Ligas Comarcais de FS, as coñecidas como LCFS, que ademais pasaron as fases comarcais, acodían á cita. Estes non eran outros que EFM Vimianzo e EFC Carnota en categoría prebenxamín, e EDM Ponteceso en categoría infantil.

Ponteceso Infantil

EDM ponteceso Campion Provincial Futsal

Así mesmo, en categoría Infantil o EDM Ponteceso tamén se proclamou campión provincial. O equipo di superou nas semis ao CD Oroso, gañando por 3-7, e na final superaron ao Frades por 2-6.

Un final moi emotivo para esta rapazada que pecha ciclo, pois xuntos, levan 8 anos, dende Prebenxamín, formando unha familia da man de Barca. Eles son Eloi, Brais, Samuel, Guille, Pablo e Mateo, xunto con Barca (arriba); Dani, Bruno, Mario e Gaz.

EDM Ponteceso Grazas Barca
Regalo que a familia do EDM lle fixo a Barca

O Vimianzo Prebenxamín

EMF Vimianzo nos Provinciais

Os de paco superaban a Curtis nas semis por un apretado 1-2. Polo outro lado, o Victoria FC da Coruña vencía ao Carnota tamén por 1-2. Os carnotáns caían ante os de Curtis no 3º e 4º posto, de novo por 2-1, dando conta da igualdade, mentres que na final os vimianceses demostraban a súa supremacía nestes últimos anos superando 4-0 ao cadro coruñés.

Parabéns aos Antón, Xaquín, Leo, Marco, Rodrigo, Teo, Damián, Erik e Ibra, que suman o terceiro campionato Provincial consecutivo para a familia do Vimianzo, esta temporada na categoria Prebenxamín.

 

CRÓNICAS DAS LCFS

Comentarios