Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Xornada: O Fisterra campión e a Copa das sorpresas

Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com e a fase de Ascenso á Liga da Costa en www.copadacosta.com

Os Rapacollons ascenden ao Fisterra
O Fisterra ascendeu co apoio da súa afección
A Xornada: O Fisterra campión e a Copa das sorpresas

Completita a xornada das Letras Galegas no Fútbol da Costa. Con grandes alegrías como a do SD Fisterra, campión da 1ª Galicia e novo equipo de Preferente. Espectacular, histórica temporada a do cadro fisterrán, arroupado por unha afección sen parangón liderada por uns Rapacollóns Big Band doutra galaxia. Este mesmo domingo, todo un pobo fixo vibrar Ara Solis para levar en volandas a un equipo que arrasou co Lalín e puido festexar un case nin soñado ascenso.

É para emocionarse, como nos recoñecía o propio Estrella.

A Copa das sopresas

Pero houbo moito máis nesta fin de semana. Esta Copa a partido único mola, si, Anxo, si. E esta fin de semana houbo dúas novas sorpresas: Dumbría, Fisterra e Mazaricos foron eliminados por Castriz, Coristanco e Cabana (a penaltis). Tamén o Camariñas superou a barreira da categoría mentres que o Malpica superou ao Volantes tamén dende os 11 metros.

Mañá luns, ás 20:00h en Zas, novo sorteo de Cuartos.

Copa da Costa 2019 - CopadaCosta copia

Volantes, camiño de 1ª

Espectacular o deste Volantes. Non tiraban a Copa e só aos penaltis o Malpica puido con eles. E iso que reservaban forzas para o choque dominical ante o Cacheiras. 5-0 para os laranxas e o camiño da 1ª en marcha.

Volantes camino de 1

En Preferente, o Xallas conseguía unha vital vitoria que pode significar a permanencia.

Veteranos

Xa tendes o repaso completo ao gran papel que fixo a Selección da Costa e Veteranos o pasado venres no Campionato Galego de Seleccións Comarcais. 3º posto na primeira competición!

Ademais, a Copa tamén deixou unha fermosa ida dos Cuartos, tralos que Porteño e San Román teñen pé e medio nas semis.

Seleccion de Veteranos da Costa da Morte na sua estrea

Base: Copas e Fases de Ascenso

A fin de semana deixa tamén unha completa xornada de base. Nas Fases de Ascenso, despois dunha malísima eliminatoria Previa, de novo só o Dumbría fica con opcións de ascenso ao caer por só 2-1 ante o Numancia na ida da primeira das 3 eliminatorias que teñen que superar agora os equipos costeiros. Os MIúdos Xuvenil, o Zas cadete e o Cee infantil caeron con rotundidade e teñen poucas opcións de remontar.

A Copa da Costa Xuvenil xa ten Cuartos definidos, e a Cadete as semis. En Infantís queda aínda un cuartofinalista por decidir.

Novas relacionadas

Comentarios