Xuvenís: O San Lorenzo sufriu para superar ao Cabana e intentará evitar o doble do Corme na final da Copa da Costa
16:44 11/06/18
O Corme non deu opción aos Miúdos no Eleuterio Balayo na semifinal da Copa da Costa Xuvenil-Foto-Fin Lema
Non puido aguantar o cadro dos Miúdos as embestidas cormelás tralo 0-1 do Cairo sacado gracias a un gran “catenaccio”. Os cormeláns irán polo doblete tras ser un xustísimo campión de Liga.
Na final, que se disputará na tarde do vindeiro sábado 16 no campo de Sofán (esta noite decídese o horario) enfrontarase a un San Lorenzo, un dos equipos que disputou a Fase de Ascenso ata as últimas xornadas. Os de Juni sufriron do lindo para eliminar a un Cabana que viu de menos máis na temporada e que pelexou ata o último suspiro por estar nesa final.
Cabana - San Lorenzo (3-2)
- Cabana: Roberto (Marcos), Yago, Rubén, Samuel, Dani, Breo, Castro, Alberto, Simón, Manuel (Nando), Cristian. Tamén xogaron: López e David
- San Lorenzo: Darío, Brais Rey, Eloy, Álex Fernández, Esteban, Fidalgo, Pablo Garrido, Jose, Álex Rodríguez, Alberto e Iván Cancela. Tamén: Martín, Aarón e Rubén.
- Goles: 1-0, m.10: Simón; 2-0, m.20: Manuel Romero; 3-0, m.43: Manuel Romero; 3-1, m.66: Jose; 3-2, m.70: Aarón.
Os Miúdos - Corme (1-3)
- Os Miúdos: Alberto, Ángel (Isma), Dani, Flavio, Xián, Gesto (Alón), Gael, Abel, Ismiña, Javi (Jose) e Rubén.
- Corme: Lucas, Anxo, Brais, Aitor, Eloy Villar, Javi Bermúdez, Mauro, Manu Garrido, Manu Tasende, Manu Bermúdez e Samu. Tamén: Roque, Alex Mato, Noel, Pandi e Martín.
- Goles: 0-1, m.15: Manu Tasende; 0-2, m.60: Manu Bermúdez; 0-3, m.77: Samu; 1-3, m.89: Jose M.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/xuvenis-o-catenaccio-dos-miudos-apaga-ao-corme/ https://quepasanacosta.gal/xuvenis-o-san-lorenzo-superou-a-esteirana-na-unica-eliminatoria-apretada-dos-cuartos-da-copa/ https://quepasanacosta.gal/xuvenis-a-esteirana-dase-a-revancha-na-copa-ante-un-fisterra-que-pechou-dun-golpe-unha-gran-temporada/ https://quepasanacosta.gal/liga-xuvenil-o-corme-xusto-campion/Máis información
- Os cadros da CopadaCosta e das Fases en www.copadacosta.com.