Mércores. 13.11.2019
El tiempo

Xuvenís: O Soneira desperdicia unha boa ocasión para asaltar o liderato do Outes

O Cabana venceu ao Seaia nun dos partidazos da xornada xuvenil-Foto-SD
O Cabana venceu ao Seaia nun dos partidazos da xornada xuvenil-Foto-SD
Xuvenís: O Soneira desperdicia unha boa ocasión para asaltar o liderato do Outes

Descansaba o Outes pero aínda así mantén o liderato pois o Soneira non foi quen de superar a un Sofán que vén cunha traxectriabastante irregular. Os soneiráns sufrían a primeira derrota da tempada e deixan ao Outes líder en solitario, con 2 puntos de vantaxe e un partido menos.

O outropartido da xornada disputábase en Malpica, onde o Seaia caía ante o Cabana, aprentando o segundo vagón.

No duelo de pechacancelas, foi o Coristanco o que estreou o taboleiro de puntos vencendo a un Camariñas que por fin rompeu o telón de aceiro e marcou os seus primeiros goles na competición.

Pichichis

Pasadas estas 7 primeiras xornadas, cómpre facer un pequeno balance dos goleadores, destacando ao loureán Isma con 12 goles (o árbitro contoulle 3 na goleada da fin de semana), por diante do soneirán Fran Moreira (11 goles). Con 10 están Luís (Seaia) e Brais Pereira (Soneira) e con 8 Fari (Esteirana), Raúl (Cabana) e Jesús (Os Miúdos).

 

Zas - Corme (3-2)

  • Zas: Pereiras, Xabi, Pablo, Isaac, Damián, Marcos, Eloy (Roi, m.82), Brais (Gabri, m.88), Darío, Martín (Fraga, m.67) e Mario (Anibal, m.46).
  • Corme: Adrián, Miguel, Antonio, Rubén, Mauro, Manu Cancela, Hugo, Luís, Javi Bermúdez, Alex Mato e Noel. Tamén: Gabri, Martín Costa, Xoel, Manu Garrido e Yago.
  • Goles: 0-1, m.20: Hugo; 1-1, m.44: Martín tras rexeite a tiro de Martín; 2-1, m.66: Darío; 3-1, m.74: Anibal tras roubo e pase de Fraga; 3-2, m.89: Alex de penalti.

Partido igualado en San Andrés con dous equipos con moitas baixas pero ben prantados e serios. Comezou o Corme adiantándose, pero a lesión de Mauro, e a de Luís, afectaron aos de Ángel Pérez. O Zas foise metendo no partido e despois de salvar Pereiras un bo balón dos visitantes, Martín marcou o gol do empate, dos chamados psicolóxicos, ao fío do descanso.

O Zas empezou con máis ritmo a segunda metade, pero o choque era de ida e volta, e en dous erros da defensa cormelán conseguía poñerse cun 3-1 o seu favor. O Corme intentou responder, e tivo boas ocasións por medio de Yago e Hugo, pero os porteiros estiveron acertados, e non recurtaría tras un claro penalti e expulsión, deixandoos minutos de desconto de gran acoso dos cormeláns ante un cadro zaseiro que conseguiu aguantar os 3 puntos.

 

Ponteceso - Cee (1-4)

  • Ponteceso: Adrián Ordóñez; Adrián Lema, Roberto, Pablo, Arturo; Raúl, Marco, Martín; Iván, Eloy e Carlos Suárez (Champi). Tamén: Champi, Lucas, Carlos Márquez, Víctor e Borja.
  • Cee: Pablo, Fran, Iago, Brais, Benlloch, Iago Muíño, Álex Castro, Martín Rey, Martín Ruibal, Leo, Íker. Tamén: Elihu, Xacobe e Adrián.
  • Goles: 0-1, m.2: Íker; 0-2, m.30: Íker; 0-3, m.50: Fran nun córner; 0-4, m.77: Iago Muíño; 1-4, m.87: Iván Rey.

Encontro marcado polo tempo na noite de venres no Platas Reinoso, cun Cee, renovado dende a chegada de Abraham ao banquiño, máis intenso e concentrado. Xa de saída se adiantaban os visitantes por medio dun Íker que ampliaría a renda á media hora, despois de bos minutos do seu equipo, tendo varias ocasións para levar máis renda ao vestiario.

Despois no descanso entraría Lucas que lle dou máis ocasións aos de Lilo, pero as contras ceenses eran perigosas. Nun córner chegaba o terceiro, e case definitivo. No treito final, un gol para cada equipo, o de Iago Muíño, un auténtico golado pola escuadra.

 

Soneira - Sofán (1-4)

  • Soneira: Joel; Antonio, Jorge, Chasko, Hugo, Rauliño, Dylan, Nico, Brais,Fran e Sergio. Tamen xogaron: Richi, Santi, Dami e Pablo.
  • Sofán: Iván, Alex, Simón (Adrián, m.55), Lucas, Esteban, Mateo, Aarón, Raúl (Cristian, m.68), Rial (Diego, m.78), Kevin, Nachete (Jose, m.71).
  • Goles: 0-1, m.19: Rial; 1-1, m.21: Fran Moreira; 1-2, m.25: Raúl; 1-3, m.30: Raúl; 1-4, m.55: Nachete de penalti.

Xusta vitoria do Sofán ante o Soneira que fixo o seu peor partido da tempada. O Sofán sairiría moi enchufado o partido e superaría aos soneiráns en todas as facetas do partido e contarías con moi boas ocasións de gol pero a falta de acerto e Joel evitarían o primeiro tanto. Nun balón ás costas da defensa soneirán e un despiste defensivo permitiría adiantarse o Sofán no marcador, por medio de Rial, e pouco despois Fran tras un balón a espalda no man a man faría o empate.
Pero pouco lle duraría a reacción os soneiráns tras un rexeite dun córner o Sofán colga o balón a área e cun remate acrobático Raúk faría un auténtico golazo. Antes de marcharse os vestiarios outra falta de intensidade defensiva dos de vimianzo permitiría o Sofán irse o descanso cun 1-3 moi xusto tras o visto no partido, facendo Raúl o segundo da súa conta persoal.

A volta dos vestiarios o Soneira intentaría recurtar distancias pero sempre con máis corazón que cabeza pero nunha contra lanzada polo Sofán, Chasko dórmese e cometería un penalti infantil e non perdoaría Nachete para poñer terra de por medio. Apartir de aí o Sofán replegaríase e o Soneira intentaríao pero non eran capaces de crear xogo salvo un par de chegadas perigosas.

 

Xallas - Esteirana (1-1)

  • Goles: 0-1, m.6: Fari; 1-1, m.70: Kevin.

Partido igualado con unha parte para cada equipo nun campo moimoi rápido. A Esteirana comezou na primeira, e adiantouse pronto nunha contra. Puido caer algunha máis pero o Xallas aguantou. Cambiou o guión na segunda, cun Xallas que empataba pronto e puido caer o segundo, se ben o cadro esteirán tamén tivo un bo balñon á cruceta para levar o partido. Ao final, puido caer dos dous lados pero o choque acabou en empate.

 

Coristanco - Camariñas (5-3)

  • Coristanco: Miguel, Chepas, Rubén Álvarez, Rubén Canto; Joel, Cives, Alejandro Nogareda, Casás, Adrián Alvarellos; Marii.
  • Camariñas: Sergio, Arraf, Germán, Eric, Keko, Dylan, Lucas, Ibrahim,Jairo, Fabio e Borja. Temen xojou Israel.
  • Goles: Alejandro Casás (2), Joel, Alejandro Nogareda e o cadete Gabriel polo Coristanco. Lucas, Ibrahim e Dylan para o Camariñas.

Duelo de pechacancelas, tan igualado como marca a táboa, cunha parte para cada un. O Coristanco dominou o primeiro tempo e se colocou 3-0. Na segunda puxéronse as pilas os camariñáns, que conseguiron romper a barreira psicolóxica pois marcaron por primeira vez na temporada. De feito, un empate puido ter sido máis xusto pois a recta final foi moi intensa e igualada.

 

Seaia - Cabana (1-2)

  • Seaia: Mario, Anxo, Adrian, Samuel, Joel, Hugo, Mario, Javi, Fabián, Luís, Raúl. Tamén xogaron: Ruben, Pereira e Pablo.
  • Cabana: Roberto (Queiro), Sergio, Cristian (Brais), David, Dani, Samuel (Collazo), Javi (Adrián), Castro (Íker,) Raúl, Simón, Rubén.
  • Goles: 1-0, m.40: Luis; 1-1, m.50: Raúl a pase de Castro; 1-2, m.91: Rubén de córner directo coa axuda do vento.

Seaia-Malpica de xuvenis-Foto-SD Cabana

Emocionante partido o das Redondas, ao que o Cabana entrou con máis forza e intensidade, chegando á área local con claridade. A partir do minuto 15, tras un penalti fallado polos cabaneses (provocado por Castro e fallado por Simón), o partido tornouse tremendamente igualado, equilibrando o campo o cadro de Esmorís ata que ao fío do descanso se metía por diante cun golazo de Luís.

Nada máis comezar a segunda, unha boa xogada de Castro por banda, chegando a liña de fondo, permite co pase atrás que Raúl fixera o empate. O Cabana, co vento a favor, tiña o control do balón pero os minutos pasaban sen demasiado perigo nas áreas. Polo camiño lesionábase o meta cabanés Roberto e entraba Queiro, xogador de campo, para sobstituílo.

E cando o partido esmorecía, un gol olímpico de Rubén daba a vitoria aos de Fernando.

Cabana-Seaia xuvenil-Foto-SD
Fotos da SD Cabana 

Os Miúdos - Malpica (15-0)

  • Goles: Isma (4), Yago (3), Alon (2), Jesús (2), Pablo, Raúl e Fran.

Partido sen moita historia, no que ademais da goleada clara do cadro muradán, o Malpica quedou descontento coa actuación arbitral.

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios