Xoves. 09.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Pechando unha longa e complicada tempada

1ª Autonómica: Pechando unha longa e complicada tempada

Complicada esta tempada para os nosos. Só fai falla ollar a táboa e ver a 3 dos nosos entre os postos 14º e 16º, cun equipo descendido e outros dous ao fío do abismo ata a penúltima xornada.

Iso si, cun Malpica noutra Liga, que xa deixara hai tempo os deberes máis que feitos, e que remata na 7ª praza tras gañar só 1 dos últimos 9 partidos. O sábado caía ante un Fisterra descendido, que remata un ano moi complicado e que o ano que vén estará de novo na 2ª.

Complicada, e longa, foi tamén a tempada en Camariñas e Ponteceso. Con cambio no banco camariñán, a chegada de Berto foi importante para a salvación, mentres que Nacho conseguíu manter o equipo a flote a pesar dos numerosos problemas cos que se atopou. Os pontecesáns respiran tranquilos, pero aínda teñen o ollo posto na Preferente, pois malia que é practicamente imposible, queda unha remota posibilidade que o Dubra se vexa afectado polos arrastres da 3ª e obrigue ao Ponteceso a descender. Parece improbable trala vitoria de onte dos de Dubra.

Hoxe, por certo, luns 13, terá lugar o sorteo das Promocións de 1ª, 2ª e 3ª.

Malpica - Fisterra (0-3)

Malpica-Fisterra-Foto-Wash-Calvo
  • MALPICA: Suso, Adrián, Marín Uruguaio (Marcos Amado, min.81), Víctor, David Castro, Mario Casal, Ismael, Cheo, David Blanco, Charro, Manuel Casal.
  • FISTERRA: Joselu, Piti, Borja Munitis (Sergio Manín, min.46), Santi (Roberto, min.46), Manuel Cartamil, Robertín, Hugo (Mario, min.47), Roco, Cotte (Gabi, min.74), Guardiola, Aitor, (Noé, min.80).
  • Goles: 0-1, min.5: Manuel Cartamil de cabeza a un córner; 0-2, min.20: Hugo a centro de Guardiola, ante a pasividade da defensa local. 0-3, min.75: Aitor tras un bo pase de Mario.

Frouxo derbi en Pedra Queimada cun Malpica case que entregado sobre todo na primeira metade, ante un Fisterra ao que os puntos xa non lle serven para evitar o descenso. Os visitantes aproveitaron a falta de tensión dos malpicáns no primeiro tempo para poñerse cun 0-2 aos 20 minutos.

Na segunda intentou reaccinar o Malpica, pero Joselu parou as dúas mellores ocasións dos locais, un cabezazod e Charro e un centro chut de Martín que pegou no pao. Aitor rematou o partido nunha contra.

Imaxe do Malpica-Fisterra-Foto-Wash Calvo

Arzúa - Camariñas (2-0)

  • CAMARIÑAS: José Luís, Brais Mouzo, Brais, Rodri, Sergio, Brais Triñares, De la Sierra, Moriño, Saviola (Oussman, min.55), Juan oBello, Martín, Alex.
  • Goles: 1-0, min.20; 2-0, min.70.

O Camariñas foi o convidado de pedra da festa do socio do Arzúa, e mesmo acabaron comendo churrasco coa parroquia local. Os de Berto, cos deberes feitos, presentábanse con só 12 xogadores e non puideron facer nada ante o empurre dos locais, que querían darlle a última alegría aos seus.

Por bando camariñán, pouco que salientar, mais que De la Sierra fallou un penalti xa co 2-0 no marcador.

Flavia - Ponteceso (2-0)

Pouco que contar do último partido dos de Nacho en Padrón, ante un equipo que se salvou nun treito final espectacular. Os pontecesáns non puideron plantar cara un equipo cheo de baixas, pero xa coa salvación conseguida puideron disfrutar do debut dun novo rapaz da canteira, Iago.


Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios