Domingo. 05.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Corme pega un estirón e por abaixo as cousas aprétanse

2ª Autonómica: O Corme pega un estirón e por abaixo as cousas aprétanse
San Lorenzo-Sofan-Foto-David Castro Bazarra patrocina as crónicas do ACB Costa da Morte - Coñece as nosas ofertas en neumáticos

Espectacular está a 2ª Autonómica, tras esta xornada 30. Por arriba e por abaixo a tensión faise patente a falta de 4 xornadas para o final.

Queda o Corme destacado no máis alto da táboa, con 5 puntos sobre o Sofán tralo empate en Verdillo no sempre tenso derbi carballés, e 9 sobre o Zas, que non pasou do empate ante o Volantes, ambos cun partido menos que os cormeláns. Pero ollo, que lle chega ao cadro azulón un bo Tourmalet (haberá que comezar a dicir un “Mirador do Ézaro”), coa visita ao Fisterra a semana que vén e a chegada do Sofán ao Cairo a seguinte. E de non gañar en Ara Solis, ao Sofán pode valerlle o empate no Cairo para quedar por diante. Así que queda moito por roer.

Por abaixo, a cousa tamén está que ferve. Cun Corcubión practicamente descendido, quedan agora por decidir as case que seguras 2 prazas de arrastre provintes da 1ª Autonómica, pois Camariñas e Ponteceso parecen sentenciados. O Muros é o que máis complicado o ten, con 28 puntos, polos 32 de Volantes, Castriz e Camelle, e os 33 do San Lorenzo. Cabana, Porteño están un paso máis arriba e Buño e Mazaricos sumaban vitorias que parece que lles deixan tranquilos. Importante foi a vitoria do Camelle en Castriz.

Corcubión - Buño (2-4)

  • CORCUBIÓN: Rafa, Checho (Marcos, min.85),Trillo, Disi, Senra, Sebas, Gabi, Toja (mini, min.78(, Xabi (Antón Lestón, min.70), Lema e Tito (Coiradas, min.85).
  • BUÑO: Ton, Eloy, Alfredo (Ángel, min.20), Iago, Rubén (Brais, min.75), Dani, Miguel (Juan, min.70), Fran Borrazás, Víctor, Pedro e Gurita.
  • Goles: 1-0, min.10: Xabi con erro do meta local; 1-1, min.30: Rubén tras un córner; 2-1, min.49: Toja de falta; 2-2, min.60: Dani; 2-3, min.61: Pedro; 2-4, min.75: Pedro.
  • Expulsión: o corcubionés Disi.

Case que sentenciou a permanencia o Buño con esta vitoria que afunde case que definitivamente a un Corcubión, que lamentou a actuación arbitral, que considerou clave na derrota. O equipo de Senra se metía por diante ata en dúas ocasións, pero o Buño reaccionaba rápido ás dúas.

E co 2-2 tras unha hora de oxogo, critican os corcubioneses que o colexiado nin viu unha falta no medio campo que predeceu ao 2-3. Igualmente critican un penalti non pitado co 2-3, pero sobre todo critican a actitude do colexiado. Pedro sentenciouo partido.

Castriz - Camelle (0-1)

  • CASTRIZ: Pablo, Martín, Chinda, Alex, Bruno, Víctor, Luís, Pablo (Sergio, min.75), Adrián Prol (Balsa, min.70), Fabio e Pichín.
  • CAMELLE: Ángel, Dido, Adrián de Arteixo, Valiña, Javi Rañal, Mario, Iván, Matías, Sergio, Adrián de Barca e Barreiro.
  • Gol: 0-1, min.75: Matías de falta.

Partido trabado, tenso, marcado polo vento con moito en xogo, sen control por ningunha parte, que se decidíu por un detalle, e a balón parado cunha fermosa falta pola escuadra de Matías.

Na primeira, co vento a favor, os locais tiveron un par de ocasións entre os 10 córners que botaron, sobre todo unha de Adrián Prol, que debutaba hoxe nos de Esteban Blanco. Antes, aos 5 minutos, o Camelle pedira un penalti por mans da defensa local.
Na segunda cambiaron as tornas e o Camelle tomou o mando. Álex tivo un remate de cabeza para os locais que sacaron baixo paus os defensores camelláns, e faltando 15 minutos, Matías asinaba unha fermosa falta para levar 3 puntos vitais, permitíndolle alcanzar, con 32 puntos, a un Castriz que leva 9 xornadas sen gañar, iso si, estando empatados ambos co Volantes, na última praza que proablemente será de arrastre.

Mazaricos - Porteño (3-0)

  • MAZARICOS: Pejo, Estéfano (Casais, min.85), Ramón, Matías, Chico (Coxo, min.40), David, Esteban, Rodri, Ricardo, José Ángel (José Ángel Xuv., min.75) e Kevin (Molinos, min.70).
  • PORTEÑO: Bonano, Pejo (Álvaro, min.80), Gavi (Rodrigo, min.73), Iago, Esteban, Doyle, Piti, Óscar, Alejandro (Mario, min.63), Isma (Elvis, min.78) e Marcos (David, min.70).
  • Goles: 1-0, min.60: Kevin tras un bo pase de Ricardo; 2-0, min.75: Ricardo nunha contra; 3-0, min.90: Molinos.
  • Lesión: O amarelo Chico nun nocello.

Con ata 11 baixas e 6 xuvenís na convocatoria se presentaba o Porteño neste vital partido. E non o desaproveitou o equipo de Aliños para sumar 3 puntos que dan unha boa tranquilidade para os amarelos, rompendo ademais unha xeira de 5 partidos sen gañar.
Primeira metade bastante parada, sen ocasións, cos dous conxuntos moi respetuosos, cun Mazaricos que comezaba mellor pero que acababa a primeira metade a mercé dos da Ponte.
Pero o gol, apriveitando un erro da defensa local, ao cuarto de hora da segunda metade foi clave, e a partir de aí dominou o Mazaricos, acabando cun resultado se cadra demasiado abultado para o visto no campo.

Zas - Volantes (0-0)

  • ZAS: Anxo, Martín, Pereiro, Lagoa, Víctor Vecino, Canedo, Peke, Pablo Lestón (Damián, min.89), Samu (Pastor, min.70), Rubio e Isma.
  • VOLANTES: Vicente, Juan, Miguel, Nimo, Néstor, Moja (Martín, min.80), Uru, Ivi (Pardelo, min.75), Edu (Yerai, min.85), Adri (Cajulo, min.82) e Seluco (Maikel, min.89).

Pinchou o Zas ante un Volantes tremendamente aguerrido que sabe que necesita cada punto. E sóubolle a gloria o acadado en San Andrés, apoiado nun Vicente que é porteiro de outra categoría e fixo unhas serias paradas, axudado ademsi por Nimo e Néstor, xigantes no centro da defensa.

O Zas buscou a vitoria durante os 90 minutos, e sobre todo na primeira tivo ocasións para poñerse por diante, como unha de Pablo Lestón ou un tiro de Rubio que parecía que petaba no poste, pero que parara o porteiro. Á contra o cadro laranxa tamén o intentaba pero sen demasiado perigo.

A segunda foi algo máis bronca, con máis paróns de xogo, e con ata 7 minutos de desconto. Víctor rematou un córner fóra; e Pablo Lestón mandou tiro raso que parou de novo Vicente nas accións máis claras do Zas na segunda metade, que remataba co Volantes pedindo a hora.

Cee - Carnota (3-0)

  • CEE: Parroto, Nico, Jorgito, Dani Freire, Jacobo, Carlos Leis (Piquero, min.48), Angeliño, Josiño (Rodri, min.46), Diego Cespón, Llanero (Javi, min.75) e Cristian (Penedo, min.46).
  • CARNOTA: Luís de la Peña, Ferreiro, Pablo Pichín, Manolo Chouza, Pedro Pichín, Nakata, Pumuki, Iván Maceiras, David (Juan, min.73), Fernando (Elías, min.70) e Urko (Joselu, min.60).
  • Goles: 1-0, min.60: Llanero dende o seu propio campo; 2-0, min.78: Llanero a pase de Diego Cespón que lle roubou a carteira a Ferreiro; 3-0, min.79: Rodri a pase entre liñas de Llanero.

De novo a calidade de Llanero valeu 3 puntos para uns ceenses que xa non se xogan nada. A primeira metade, co Carnota co vento a favor, foi máis aburrida, sen demasiadas ocasións para ningún dos dous. Pero o Cee tomou a iniciativa na segunda volta, ante un Carnota que acusaba as numerosas baixas e mesmo tiña que meter ao meta suplente, Juan, no campo. E Llanero nun par de detalles de xenialidade encarrilouo choque. Impresionante o gol dende o seu propio campo superando por arriba a todo un Luís de la Peña. E despois estaba no lugar para marcar o segundo, e deu o pase do terceiro.

San Lorenzo - Sofán (1-1)

11 do San Lorenzo ante o Sofan-Foto-David Castro
  • SAN LORENZO: Puyol, David, Adrián, Anxo, Germán, Fraga (Cachizo, min.80), Fuentefría (Chucho, min.68), Schuster, Joaquín (Juni, min.51), Dani e Velo.
11 do Sofan en Verdillo-Foto-David Castro
  • SOFÁN: Bugy, Eloy, Diego, Pablo, Javi García, Jorge Calvete, Martín (Míchel, min.73), Iván Rey (Bertín, min.73), Brais, Iván Rojo (Leilán, min.65) e Raúl.
  • Goles: 0-1, min.48: Córner que bota Diego e cabecea Javi García ao fondo das mallas. 1-1, min.87: Córner botado por Anxo que cabecea Germán a gol entrando dende atrás.
  • Árbitro: Patricia Rodríguez Cruz, expulsou ao porteiro suplente local Gabri e ao visitante Pablo por dobre amonestación no minuto 95.

Partido con moita tensión de principio a fin o que se viviu no derbi carballés que se disputou este domingo no campo de As Pedreiras.
Comezou máis metido no encontro o equipo de Gueli, que tivo nos pés de Dani Fuentefría o primeiro gol da tarde nunha falta lateral que rexeita o longueiro tras tocar levemente Bugy. Pero pouco a pouco foise igualando a contenda e a media hora de partido, o visitante Raúl saca un potente lanzamento dende a frontal que fai que Puyol se teña que empregar a fondo. Ambos conxuntos intentaban crear perigo en xogadas a balón parado, buscando o xogo largo e intentando sacar proveito das segundas xogadas. E así foi como estivo a piques de adiantarse o equipo local logo dunha falta colgada por Fuentefría que remata Dani con todo ao seu favor. Pero antes do descanso, Martín a piques está de sorprender ao gardameta local cun potente lanzamento que se vai a rentes do pau tras tocar nun xogador do San Lorenzo.

Á volta do tempo de lecer, o equipo de Mallón saíu cunha maior intensidade e esto sorprendiu ao equipo de Verdillo. E aos tres minutos, Javi García facía o 0-1 á saída dun córner sacado a perfección por Diego. Logo desto, o partido seguiría o mesmo trascurso que na primeira metade e ningún dos dous equipos sería quen de crear perigo sobre as porterías defendidas por Puyol e Bugy. No minuto 73, Iván Rey intentou sorprender ao gardameta local cun lanzamento de córner directo que saca Puyol con dificultades contando coa axuda do longueiro. E cando todo estaba visto para sentenza chegaría o empate do San Lorenzo, tras un córner sacado por Anxo que cabecea Germán ao fondo das mallas chegando dende atrás coma un obús.

E cando xa pasaban cinco minutos do tempo reglamentario, chegaría a parte fea do encontro xa que se formou unha pequena tangana que non foi a máis.

San Lorenzo-Sofan-Foto-David Castro

Muros - Fisterra (0-3)

  • MUROS: Fabio, Ra, Dani, Samu, Juanche, Gelo, Saúl, Eloy, Pelos, Piki e Jesús. Tamén xogou: Veloso, Santi e Trozo.
  • FISTERRA: Joselu, Robertín, Julito (Munitis), Manuel Cartamil, Dani, Santi (Sergio Manín), Roa, Guardiola, Huete, Bruno e Isma (Noé).
  • Goles: 0-1, min.55: Bruno; 0-2, min.65: Guardiola de penalti; 0-3, min.80: Manuel Cartamil de cabeza.
  • Expulsión: Fabio no min.65.

Na primeira metade o partido estivo igualado, con algo mais de posesión para o Fisterra, que tivo algunha ocasión pero Fabio estivo moi ben baixo paus, mentres que o Muros aguantaba ben e tamén creaba algo de perigo.

Na segunda metade, un balón longo para Bruno, que aproveita que Fabio se queda a media saída para facer o 0-1. Pouco despois, de novo Fabio provoca un penalti que lle costa a expulsión, o cal non perdoa o Fisterra e Guardiola fai o segundo. Viuse abaixo o Muros que xa vía imposible intentar a remontada pero non o 0-3 de Manuel Cartamil, para sumar a 4ª vitoria seguida dos de Juan Jesús, que ademais está de noraboa coa apertura da súa nova tenda Máis Deporte en Cee.

Corme - Cabana (3-0)

  • CORME: Suso, Antoniño, Alejandro, Miguel, Sergio, Brais, Diego (Manu, min.68), Adrián Doldán (Josiño, min.77), Lucas, Juan Chans e Alejo (Juanma, min.80).
  • CABANA: Añón, Pepe, Ismael, Charli (Raul, min.70), Iván de Treos, Eloy Vilas, Eloy Pereira, Manu Guillamet (Diego, min.85), Sandro (Mario, min.75) , Fernando (Josiño, min.55) e Manolo do Cruceiro (Berti, min.60).
  • Goles: 1-0, min.33: Brais de falta directa tras tocar na barreira; 2-0, min.60: Alejo de cabezazo perfecto nuna contra; 3-0, min.75: Alejo tras un pase atrás de Juan Chans pola escuadra.

19 xornadas sen perder leva o líder da Liga da Costa. E desta volta, gracias á súa eficacia, e a dous golazos de Alejo que sentenciaron un partido. Foi un partido máis igualado do que sinala o marcador, sobre todo na segunda metade, tras unha primeira na queo Corme dominou máis territorialmente pero só podía poerñse por diante cunha falta de Lucas que tocaba na barreira e descolocaba a Añón.

Alejo facía o segundo cun cabezazo perfecto, e aí se puido meter no partido o Cabana se entra o remate ao pau de Manu Guillamet. Pero O Corme, que non está a xogar tan ben como podería por mor dos nervos, pero a necesidade fai sacar o mellor dos seus e só a falta de 15 para o final Alejo sentenciaba.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios