Luns. 06.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Peche quente de ano

2ª Autonómica: Peche quente de ano

Pecha o ano a Liga da Costa cunha xornada final completiña. A primeira sorpresa foi a derrota do líder, Camariñas, en Corcubión, nun encontro que rematou en tangana (a segunda da semana pois en Arliña tamén houbo máis que palabras demostrando os problemas inherentes no fútbol da Costa, unha vez que a semana pasada houbo outras dúas tanganas na Liga Xuvenil). O Camariñas remata o ano empatado no máis alto da táboa co Club do Mar, quenon fallou en Mazaricos.
Por detrás segue o Fisterra que parece que vai en serio e pecha o ano a tan 5 puntos dos dous fortísimos equipos de arriba. 4º queda un Baio tremendo. Corme e Muros mantéñnse atentos por detrás, ao igual que Buño e Malpica.

Por abaixo, a cousa segue complicada para San Lorenzo, Zas, Nantón e Mazaricos, unha vez que o Corcubión parece que saíu do pozo.

Corcubión - Camariñas

  • CORCUBIÓN: Andrés, Paulo, Sergio Manín, José de Atalaya, Conguito, Edu, Lourido, Sebas, Alán, Miguelón (Camacho, min.92), Mario (Johnie, min.59).
  • CAMARIÑAS: Pombo, Carlos Meular (Dani Juvenil, min.78), Moriño, Maikel, Ogando (Diango, min.60), David, De la Sierra, Brais, Javi, Juan oBello, Leo.
  • Gol: 1-0, min.91: Lourido, de penalti.
  • Expulsión: os camariñáns Pombo e De la Sierra xa no min.96.

Ambientazo no Novo Cubaleiro para recibir ao líder cun Corcubión que leva unha racha positiva. E o partido respondeu, con intensidade, entrega e emoción ata o último minuto. O partido transcorreu co guión preestablecido, con dominio do Camariñas, que tivo dúas clarísimas ocasións por medio de Leo e Javi. Pola contra, o Corcubión fixo o seu partido, correndo e presiounando moito, como lle gusta a Manín, e maniatou á dianteira camariñá.

O árbitro tivo moitos problema e rematou sendo o protagonista do partido, sinalando un penalti de Pombo sobre Lourido xa co tempo cumplido que os camariñáns entenderon fóra da área. Os camariñáns protestaron a xogada e acabaron con 2 expulsados.

Mazaricos - Club do Mar (0-2)

  • MAZARICOS: Pejo, Casais, Chico, Matías, Tuco, Ramón, Rodri (Ferreiro, min.80), Brais, Rafa (Cristian, min.60), Esteban (Aldo, min.65), Kevin.
  • CLUB DO MAR: Iago, Chori, Repi, Álex, Rubén, Chechu, Jacobo (Manu, min.80), Juan Lareo (Isaac, min.87), Bertín (Luis, min.85), Santi Silva (Fran Borrazás, min.65), Vituco.
  • Goles: 0-1, min.60: Ramón, en propia meta; 0-2, min.75: Vituco.

Aguantou a primeira metade o Mazaricos, na que o Club do Mar apenas chegou a área local. O Mazaricos tivo bastante o balón e ata avisou en varias ocasións de Kevin e Rafa. Pero na segunda, varios arreóns de Repi cara arriba encenderon a maquinaria caionesa que acabou dominando o partido con comidado. Un gol en propia meta e outro de Vituco sentenciaron o choque e permite que o clube caionés remate o ano empatado co Camariñas.

O Pindo - Baio (1-8)

  • O PINDO: Juan Vilela, Juan Fis, Juan de Dios, José Maroca, Manolito, Herminio, Diego León (Hipo,min.75), Javi Concexo (Diego Meixenda, min.60), Carlos Leis, Lolo, Riolo.
  • BAIO: Manuel (Guillermo, min.60), Matías, Iván, José Antonio, Ramón (Iago, min.46), Javi, MC, Alberto, Eloy (Valentín, min.50), Martín, Canai (Fredi, min.46).
  • Goles: 1-0, min.10: Matías; 2-0, min.15: Javi Suárez; 3-0, min.17: MC; 4-0, min,25: Canai; 5-0, min,40: Alberto; 6-0, min.50: Martín; 7-0, min.55: MC; 8-0, min.60: MC.
  • Expulsión: José Maroca, min.50 por dicirlle ao colexiado que abrise os ollos

Dúas caras completamente distintas en Lombáns que reflicten a situación na Liga da Costa. Un cadro carnotán desfeito, pechacancelas e con só 3 puntos no taboleiro; e un cadro baiés disfrutando dun ano estupendo, tranquilo na 4ª posición e con miras de ir cara arriba.

E cumpliuse o guión, cun Baio moi superior ante mal cadro local, que se viu no min.25 xa cun 0-4, iso que os carnotáns protestaron que dous deles puideron ser en fóra de xogo.
O Pindo felicita ao Baio polo seu gran equipo e porque a pesar da clara vitoria non faltou ao respecto en ningún momento.

Buño - Dumbría B (2-0)

  • BUÑO: Toni, Eloy, Ángel, Diego, Brais, Jorge, Elías, Ismael, Miguel Dourado (David Dourado, min.70), Juan (Víctor, min.55), Richard (Emilio, min.65).
  • DUMBRÍA B: Anxo, José Manuel, Samuel, David Carreira, Ramiro, Tati (Adrián, min.50), Josiño, Miguel Poyo, Yeray (Ivanete, min.75), Fernando, Rodrigo (Ismael, min.60).
  • Goles: 1-0, min.77: Víctor; 2-0, min.92: Elías.
  • Lesión: Tati e Fernando con sendas escorduras e Ivanete e Rodrigo con tiróns.

Recuperando as boas sensacións o Buño para pechar o ano, que queda con bo sabor de boca o parón de Nadal. Non tanto o filial dumbriés, ao que lle fai falta o parón ao Dumbría recuperar efectivos. Pois ademais de ter moitas baixas e chegar con 5 xuvenís na convocatoria, o equipo de Ferrío sufriu ata 4 lesións e tivo que quedar con 10 os últimos 15 minutos por non ter máis cambios.

Foi precisamente nos últimos 15 minutos cando aproveitou o Buño para adiantarse, tras unha primeira metade na ue o Dumbría B aguantou ao equipo de Esmorís, que foi o que levou o peso do partido Xogou ben por momentos ademais o Buño que tivo boas ocasións de adiantarse, pero que non sentenciou ata os minutos finais, pois sempre loita co mesmo problema: a puntería. Tivo que ser o de sempre, Víctor, o que abrise a alta.

O Dumbría B agarda como auga de maio este parón, para volver dando oportunidade aos xuvenís de seguir formándose e bregándose na Liga da Costa.

Zas - Esteirana (1-2)

  • ZAS: Damián, César, Óliver, Mancebo, Pereiro, Juan (Jorge, min.48), Peque, Lagoa (Pablo, min.60), Pichín (Víctor, min.85), Pablo Moíño, Rubio.
  • ESTEIRANA: Benito, José Varela, Simón, Dani Rama, Chispi, Pichi, Andel (Iago, min.46), Isma (Adrián, min.60), Alex, Roberto Pladur, Cajulo.
  • Goles: 1-0, min.20: Pablo Muíño de penalti; 1-1, min.35: Cajulo cun golazo de falta pola escuadra; 1-2, min.85: Alex nun córner tras un erro do meta zanese.

Non xogou ben o Zas, que empezou ben e se adiantou cun gol de Pablo Muíño de penalti. Pero o cadro de Felipe Solís chega xusto a este fin de ano, e agarda tamén como auga de maio o parón. Na segunda moito mellor a Esteirana, aroveitando o baixón físico dos zaenses e a Esteirana acertou a balón parado, e iso que marrou varias ocasións para remontar. Foi Cajulo cun golazo de falta e Alex tras unha falta lateral os que deixan á Wsteirana na metade da táboa.

Muros - Fisterra (2-2)

  • MUROS: Lupi, Teo, Mayu, Alberto, Iván, Dani, Gelo, Jesús, Mingos (Adrián, min.60)), Yanki, Oscar (Gael, min.80).
  • FISTERRA: Joselu, Piti (Borja Munitis, min.65), Manuel, Nico, Juan, Gus (Rivas, min.60), Roco, Cote (Guardiola, min.43), Marco Docabo (Eddy, min.43), Tata, Mané (Insua, min.43).
  • Goles: 1-0, min.10: Óscar; 1-1, min.20: Mané de penalti; 2-1, min.60: Mayu de penalti; 2-2, min.87: Rivas un golazo.
  • Expulsión: o porteiro fisterrán Joselu por derribar a Adrián cando ía marcar no min.60.

Bo partido, moi igualado, con ocasións para ambos lados e moi tenso en Muros entre o 3º e o agora 6º clasificado. Puido gañar calquera e ao final non gañou ninguén. Adiantábase o Muros por medio de Oscar, pero Mané empataba de penalti. Continuaba igualada a primeira metade, e non foi ata o min.60 cando Mayuyo adiantou aos muradáns tamén de penalti, nunha xogada na que foi expulsado o meta Joselu. Insua, dianteiro habitual no B, se tivo que poñer baixo paos e fixo paradas de mérito. Xa contra o final, Rivas puxo a igualada final cun golazo de falta para os fisterráns.

O Muros segue indignado coas arbitraxes, e o mesmo Sil considerou decisivo a actuación arbitral deste domingo, considerando o penalti demasiado rigoroso, ademais da expulsión de Yanki pos simular un penalti con 2-1 no marcador que ademais os muradáns. Vai máis alá Sil e denuncia que hai unhas semanas, cando se puxo 2º, un árbitro chamou ao clube para avisar que ían machacar ao Muros. De feito, a directiva do Muros enviou unha carta á Federación denunciando a situación.

San Lorenzo - Malpica (0-3)

  • SAN LORENZO: Sergio, Javi Varela (Anxo, min.46), Adrián, Canteiro (Eloy, min.75), Puñal, Jorge, Santi (Bolón, min.46), Cachizo (miguel, min.65), Marcos, Fuentefría, Carlos.
  • MALPICA: Suso; Charly, Casais, Avelino (David Álvarez, min.49), Marco (Gonzalo, min.75), Rancaño, Neucha, Cheo, Charro (Juny, min.76), Martín Uruguaio (Dani, min.65), Víctor.
  • Goles: 0-1, min.5: Neucha remata só nun córner; 0-2, min.20: Charli remata só nun córner; 0-3, min.22: Cheo de falta dende o borde pola escuadra.
  • Expulsión: o local Marcos no min.85.

Saíu o San Lorenzo moi nervioso e con falta de tensión e isto foi aproveitado polo Malpica que nos primeiros 20 minutos xa gañaba 0-3. Na segunda parte ou San Lorenzo intentouno pero non puido ante ou orde visitante. Estalle resultando complicado saír desta situación ao San Lorenzo ante vos rivais da zona alta da clasificación.

No Malpica destaca a participación de varios dos xuvenís que están facendo unha campaña espectacular na súa categoría. M. Uruguaio e Juny fixeron ademais un bo partido.

Nantón - Corme (0-2)

  • NANTÓN: Bonano, Eloy, David Lareo, Sito, Félix, Carlos Vidal, Fabio, Cristian, Luís, Manolo, Martín (Iván, min.55).
  • CORME: Suso, Adolfo, Diego, Jesús, Pandi, Gonzalo (Abel), Alejandro, Lucas, Adrián Doldán, Juan (Javi) e Iago.
  • Goles: 0-1, min.55: Gonzalo nunha falta ao borde da área; 0-2, min.87: Lucas.

Non foi superior o Corme, pero estivo moi acertado cos seus puntas Adrián Doldán e Iago como artilleiros ante a baixa de Alejo por sanción. O partido comezou igualado, e a primeira parte foi de moito respeto. No comezo do segundo tempo apretou o Corme que se adiantou cunha boa falta de Gonzalo.

Contra o final, apretou o Nantón, case que desquiciado buscaba o empate, pero á contra matou o partido Lucas. Os locais protestaron a actuación arbitral.

Castriz - Sofán (2-2)

  • CASTRIZ: Herrera, Sergio Pose, Michi (Ruben, min.35) (Prego, min.78), Toniño, Alex, Alberto, Toño, David Agra, Mauri (Jhonny 50) Martin e Sebas.
  • SOFÁN: Richard, Adrian, Juanjo (David Pensado 70), Miniño, Diego (Edu, min.80), Ivan Rey, Pensado, Abel, Suso Docampo, Jacobo (Eloy 75), Berti (Alemán, min.60).
  • Goles: 1-0, min.27: Mauri aproveita tras un disparo de Alberto dende fora da area que rexeita Richard; 1-1, min.35: Abel empalma tras unha gran xogada de Ivan e Jacobo por banda dereita; 2-1, min.65: Sebas a un córner; 2-2, min.89: Alemán nunha falta lateral.
  • Expulsión: o sofanista Adrián.

A piques estivo o Castriz de quedar, por fin, cos 3 puntos no campo de San Pedro, pero un tanto in extremis de Alemán nunha falta lateral con todo o Sofán volcado na área xalleira, puxo o definitivo empate no marcador.

Un empate xusto, mesmo curto unha vez que foi o Sofán o que levou o peso do partido. Pero o Castriz estivo serio e se puxo por diante en dúas ocasións, o que obrigou ao cadro carballés a tomar a inciativa.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios