Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Resultados da última xornada do ano 2011

Resultados da última xornada do ano 2011

Última fin de semana do 2011 con fútbol da Costa. Xornada completiña para pechar o ano, e os equipos poderán descansar ata o 7 de xaneiro, ou aproveitar para facer unha nova pretemporada. E remata o ano con dúas novas tanganas nos campos de Corcubión e de Muxía, algo que debe ser erradicado do fútbol da Costa.

Polo de pronto, as cousas non rematan de todo mal en Preferente. O Dumbría deu a campanada facendo que a SD Compostela sufrise a súa primeira derrota da temporada. Os dumbrieses venceron 1-0 e rematan o ano nunha comodísima 9ª praza, con 24 puntos. 1 punto menos e un posto por debaixo queda o Xallas que pecha un fantástico 2011 cun lixeiro mal sabor de boca tras perder co potente Boiro. Así e todo, esta derrota non pode desmerecer o traballo do clube xalleiro este ano.
Coma o do Santa Comba, que pecha cun empate en Mugardos que ben puido ser unha nova vitoria pero que lle vale aos laranxas para manterse 3º.
Ademais, o Soneira deunos outra alegría vencendo ao Viveiro noutra finalísima para rematar o ano fóra dos postos de descenso, malia que pode ser que os postos varíen.

Na 1ª Autonómica a cousa non mellora. O Ponteceso colleitaba un soso empate ante un Victoria que se mantén un punto por arriba dos de Marco. Mentres o Cee segue en picado e apenas puido facer nada ante o Sada. Veremos se o parón de Nadal senta ben na vila da Xunqueira.

A xornada na Liga da Costa deixou un resultado sorpresa. Co permiso do Corcubión, a súa vitoria ante o aínda líder Camariñas é toda unha sorpresa, pero os de Manín souberon xogar as súas cartas e aguantaron ao líder. Empata agora a puntos no alto da táboa o Club do Mar tras vencer en Mazaricos aos de Manolín no alto da táboa. Por detrás mantense o Fisterra tras manter a igualada en Muros, no partido máis disputado da xornada. E completando o cuarteto de arriba segue o Baio, que arrasaba cun Pindo que precisa descansar. O Corme segue nunha liña moi positiva e vencía e afundía ao Nantón.
I é que a parte baixa está complicada. Se ben O Pindo non levanta cabeza e o Corcubión saiu do pozo como unha frecha, quedan agora San Lorenzo e Zas con 13 puntos, Nantón con 14 e Mazaricos con 15, todos en serios problemas.

Na 3ª, a semana estivo marcada polo falecemento do ex presidente do Carnota Bautista Martínez. Os xogadores de Cambeiro, ademais de saír cunhas camisolas na súa memoria, adicáronlle unha traballada vitoria ao Alcaián que os aúpa á 2ª posición para pechar o ano detrás do Cabana. I é que o Cabana certificou o seu liderato vencendo ao Montelouro no partido da xornada. Por detrás, fallaron Outes en Laxe, e Coristanco ante o Pereiriña.
Ademais, na loita pola 6ª praza, Volantes, Cerqueda, Laxe, Porteño e Fisterra B andan apretados.

En Veteranos había varios encontros importantes. O Corcubión demostrou o seu forte estado de forma vencendo con contundencia ao Xuv Bergantiños. Seguen os corcubioneses empatados co Castriz, que non pasou apuros ante o Baio, con 3 puntos de vantaxe sobre o San Román, e 4 sobre o propio Xuventude.
Na 2ª División, o Soneira e o Coristano seguen moi firmes e parece que as dúas prazas de ascenso están case sentenciadas a esta época do ano.

E destacamos tamén a semana na Liga de Fútbol Sala de Cee, que na 1ª mantén ao Dist. Barral vimiancés de líder, cun punto de vantaxe sobre Loureiro e Fed. Ollo.
Na 2ª, hai trío de líderes: Cafetería A Romántica, Estética Raquel e Restaurante Faina II loitan polas dúas prazas de ascenso.

Preferente, xornada 17

Xallas 0-1Boiro
Gal. Mugardos 0-0 Santa Comba
Dumbría 1-0 SD Compostela
Soneira 2-1 Viveiro

1ª Autonómica, xornada 16

Ponteceso 2-2 Víctoria
Sada 3-1Cee

2ª Autonómica, xornada 16

Mazaricos 0-2 Club do Mar
Corcubión 1-0 Camariñas
O Pindo 1-8 Baio
Buño 2-0 Dumbría B
Zas 1-2 Esteirana
Muros 2-2 Fisterra
San Lorenzo 0-3 Malpica
Nantón 0-2Corme
Castriz 2-2Sofán

3ª Autonómica, xornada 20

Atl. Pereiriña 1-1 Coristanco
Xaviña 2-1 Corcoesto
Laxe 1-0 Outes
Lira 0-4 Porteño
Fisterra B 0-3 Indep. Carballo
Cabana 1-0 Montelouro
Camelle 2-3 Cerqueda
Muxía 1-3 Volantes de Baño
Carnota 2-1 Alcaián

Liga Nacional Xuvenil, xornada 15

Ural 0-0 Bergantiños

Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 14

Esteirana 3-3 Fisterra
Mazaricos 1-4 Outes C
Corcubión 4-1 Santa Comba
Muros 3-3 Dumbría A
Cee 3-0 Soneira

Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 18

Zas 2-3 Camariñas
Corme 2-0 Laxe
Baio0-1 Dumbría B
Cabana 3-3 Coristanco
Muxía 0-3 Malpica

División de Honra Cadete, xornada 15

Bergantiños 0-4 Conxo

2ª cadete, xornada 16

Zas 9-2 Muxía
Camariñas 5-0 Ponteceso
Outes 7-1 Fisterra
Cee 3-3 Esteirana
Muros 2-1 Coristanco
Soneira 3-0 Porteño
Cabana 2-4Dumbría
Santa Comba 4-0 Baio

2ª Infantil, xornada 16

Dumbría3-0 Coristanco
Santa Comba 4-0Outes
Cee 2-0Fisterra
Corme 2-10 Con. de Carnota
As Baleas 1-8 Esteirana
Muxía 5-6Ponteceso
Os Miudos 8-1Cabana
Baio 2-4 E.M.F. Vimianzo

Ligas de Veteranos, xornada 15

1ª División

San Román 4-0 Bértoa
Buño 1-3 Zas
Nantón 0-1 Ponteceso
Cabana 1-1 San Lorenzo
Xv. Bergantiños 2-6 Corcubión
Vimianzo Aprz. Bergantiños
Castriz 4-0 Baio

2ª División

Muros 1-1 Camelle
Agualada 1-8 Soneira
Sofán 5-3 Cerqueda
Leiloio 5-3 Club do Mar
Malpica 0-1 Coristanco
Corme0-1 Porteño
Dep. Carballo 2-4 Corcoesto

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios