Luns. 06.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Da necesidade dun parón

1ª Autonómica: Da necesidade dun parón

Un longo parón é o que precisan Cee e Ponteceso tras estas 16 primeiras xornadas de Liga. Iso si, marcharán de Nadal cun sabor amargo tralo empate e a derrota colleitada na última xornada do ano.
O Ponteceso puido levar o partido pero o empate foi xusto e remata o ano 5 puntos por riba do descenso. O que non descansa tan cómodo é o Cee, que acaba pechacancelas, a 3 puntos da salvación, cunha xeira de 5 derrotas consecutivas.

Ponteceso - Víctoria (2-2)

  • Ponteceso: Norberto, Rubén, David (Fabi, min.65), Fabián, Dani Pallas, Tucho (Alberto Recarey, min.55), Josito, Mendieta, Luisete, Nando, Adrián Porteiro (Puente, min.55).
  • Goles: 1-0, min.43: Luisete de penalti; 1-1, min.76: de falta directa; 1-2, min.78: tras un rexeite de Norberto; 2-2, min.81: Luisete de penalti.
  • Expulsión: un xogador visitante no min.43 na xogada do penalti.

Mal sabor de boca queda en Ponteceso tralo partido, pois se ben o resultado foi xusto, o cadro de Marco non soubo pechar un partido que se puxo de cara. I é que a primeira metade acababa cun 1-0 e un xogador máis no campo trala expulsión dun xogador visitante.

O caso é que non foi o mellor partido dos pontecesáns, que chegaban con baixas importantes como as de Toniño, Pablo Vázquez ou Gonzalo, entre outros. Así, no segundo tempo, tras media hora de contemplación, o cadro coruñés remontaba cun home menos en dúas xogadas consecutivas, e obrigaba ao Ponteceso aínda a remar no treito final. Luisete volvía poñer a igualada de novo de penalti, e xa case que co tempo cumplido, tivo o partido na man o Ponteceso con 2 balóns o longueiro e 1 ao poste entre Luisete, Mendieta e Nando.

Sada - Cee (3-1)

  • Cee: Parroto, Rubén (Sergio, min.77), Luís (Moncho, min.85), Julio, Rafa, Fermín, Nico, Piquero (Chiru, min.85), Víctor (Uri, min.87) Fer e Jorgito (Carlos, min.56).
  • Goles: 1-0 min.30; 2-0, min.75; 2-1, min.89: Uri; 3-1, min.91.

Moi bo partido do Cee a pesar das numerosas baixas, pero que deixa ao clube pechacancelas para rematar o ano.

Saíu máis metido no partido o Cee, que tivo as primeiras ocasións por medio de Victor e Luís. Respondería o Sada cunha gran xogada e remate de Chollas ao que Parroto responde cunha gran parada. Fer e Víctor creaban perigo arriba coa súa velocidade. O primeiro gol do Sada viría dun saque de falta no que o rexeite chegou a Ferreiro e o seu tiro rebota nun defensa e vai para dentro. Tería o Cee antes do descanso unha máis por medio Fer que se escorou demasiado e o seu tiro vai por encima do traveseiro.

Na segunda o Sada saíu a sentenciar o partido e tivo as máis claras nos primeiro 10 minutos, nas cales Parroto estivo de 10. Despois deste arreón, o Cee buscou máis a portería, Fer desde o medio do campo intentou sorprender; Rubén dentro da área pequena mandou por encima do traveseiro, Víctor tamén tiña a súa, pero o balón non quería entrar... Nunha contra do Sada, Parroto volvía lucirse primeiro a tiro de Gabi e no rexeite a Chollas. Este sería o aviso do Sada que se aproveitaría doutra contra para facer o 2-0. Nunha boa xogada entre os xuvenís do Cee, Chiru asiste a Uri que desde o bordo da área bate ao porteiro cunha volea. Isto daba un algo de esperanza aos ceenses pero na seguinte chegada do Sada sentenciaba o partido.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios