Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Comeza a carreira electoral da Federación Galega de Fútbol

Comeza a carreira electoral da Federación Galega de Fútbol
Federacion Galega de Futbol

O próximo 9 de outubro darase o pistoletazo de saída a un novo proceso electoral na Federación Galega de Fútbol. Elixiranse os membros da Asemblea que decidirán o presidente da FGF no próximo mandato, así como a Comisión Delegada correspondente. O mesmo día publicarase o reglamento electoral que rexerá en todo o proceso así como o censo “provisional” de electores e elegibles para membros da Asemblea. Tamén o mesmo día quedará disolta a Xunta Directiva, que será substituída por unha xestora, encargada só dos trámites diarios.

Polo de agora, García Liñares, actual presidente, terá que contender para renovar o cargo con Juan Vázquez, exvicepresidente da Federación co propio Liñares e expresidente do Vitoria, e probablemente con Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra.

O día 28 de outubro publicarase o censo definitivo de electores e elegibles. Este censo estará composto por clubs, futbolistas, adestradores/preparadores físicos e árbitros inscritos na federación o día do comezo do proceso. No caso de clubs haberá membros natos e membros electos. Os natos son o Vitoria, Calasanz, Galicia de Caranza, Val Miñor, Ural e Imperátor da Coruña e membros electos os elixidos no proceso. O día 29 de outubro iníciase o prazo de presentación de candidatos a membros da Asemblea. O día 31 de outubro acaba este prazo para o día 8 de novembro proclamar definitivamente os candidatos á Asemblea. Estes candidatos serán votados o día 24 de novembro nas distintas mesas electorais establecidas nas circunscripciones da Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. En cada “Colexio Electoral” constituirase unha única mesa electoral.

Datas do proceso

O día 1 de decembro proclamaranse definitivamente os asambleístas e o día 2 de decembro iniciarase o proceso de presentación de candidaturas á presidencia da FGF. O día 13 de decembro acabará o prazo de presentación de candidaturas e realizarase a proclamación oficial de candidatos. A Asemblea para escoller Presidente e Comisión Delegada celebrarase o próximo 18 de decembro e a proclamación definitiva de Presidente e Comisión Delegada terá lugar o día 24 de decembro

Todo o proceso rexerase polo reglamento electoral aprobado na última asemblea extraordinaria e que se publicará o próximo 9 de outubro. A Xunta Electoral composta por Antonio Ramos Amor, Francisco Javier Armas Angulo e Ricardo Fernández Fritiría velará polo bo desenvolvemento de todo o proceso electoral.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios