Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Resultados e crónica dunha nova fin de semana de Fútbol costeiro

Resultados e crónica dunha nova fin de semana de Fútbol costeiro
Sofan arrincou ben a Fase de Ascenso-Foto-Jorge Parri

Nova xornada completa de fútbol costeiro, con menos partidos pero emoción ata o final. Copa, Ascensos, títulos… moitas cousas en liza estes días. Aquí analizamos as competicións, e sabedes que tendes todos os cadros das Copas e das Fases de Ascenso en www.copadacosta.com.

Xa os Cuartos da Copa

Comezamos o repaso pola Copa da Costa. O sábado, o Malpica e o Dumbría, que xa tiñan un pé nos Cuartos, certificaron o seu pase sen máis complicación. O que tivo que sufrir un pouco máis foi o XSC ante un Ameixenda que pelexou ata o final pero acabou sucumbindo.

Xa o domingo, o primeiro en meterse foi o Cee. E non o tivo fácil, pois tralo 2-2 da ida no Cunchido, estaba todo aberto e o Outes apurou ata o final un goliño que valía a igualada. Ademais, o Corme empataba co Soneira (dous equipos que se verán as caras a vindeira campaña na 1ª) pero facía valer a goleada con algo de sorte na ida. Mentres, o Baio superaba ao Ponteceso por 3-1 e o Zas facía o propio co Volantes en Muros.

Fase de Ascenso á 1ª

Outro dos focos de atención é a Fase de Ascenso á 1ª, na que toda a Costa ten xa a bufanda do Sofán. Sobre todo o Volantes, pois a súa permanencia na 2ª depende do ascenso do cadro carballés. Os sofanistas arrincaron a fase cunha gran vitoria ante o Sálvora nun ateigado Carral. Goleada para colocarse de líder e afrontar o resto da liguilla cun claro rival, o Val do Ulla, que a semana pasada vencía precisamente no campo do Sálvora.

Fases de Ascenso ás Ligas Galegas Base

Xa analizamos como quedan as Fases de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil tras esta fin de semana. Só o XSC arrincou co bo pé e quedou primeiro no triangular e ten que superar unha soa eliminatoria para conseguir o ascenso.
Mentres, Dumbría Xuvenil e Cee Infantil non gañaron nos seus triangulares e agora terán que superar, como a Esteirana xuvenil e o Cabana cadete, 3 duras eliminatorias para conseguir o ascenso á Liga Galega.

Mentres, na Liga Galega Infantil, o Dumbría de Pablo Conde segue dando pasos para manter a categoría e onte gañaba ao Milladoiro e ten que vencer 2 dos 3 últimos partidos para salvar a categoría, se ben, o último choque será precisamente ante o rival, o Oroso, na súa cancha. O que xa non ten opcións de manter a categoría é o XSC, que caía de novo e o ano que vén volverá á liga comarcal.

Ademais, continúan en marcha as Ligas Alevín, F-8 Costa Norte, e Benxamín F-8 Costa Norte, e faltan 3 xornadas para o final. Os do Sur participarán na Fase Final do Campionato Galego a vindeira semana, mentres o Corcubión Infantil se proclamaba capión da Fase Provincial de Fútbol Sala, que tamén analizaremos estes días.

Copa de Veteranos

Xa temos Cuartos tamén na Copa de Veteranos. E non houbo sorpresas na volta dos Oitavos. Cabana, Soneira, Dumbría e Laxe xa encarrilaran o pase na ida, e hoxe houbo choques moi igualados tralos varios empates da ida. O Erbecedo goleou a un Muros que lonxe do Eleuterio Balayo baixa moito; o San Román superou pola mínima e con sufrimento ao San Lorenzo; O Zas xa vencera ao Milagrosa, campión de 2ª, na ida e fixo o propio na volta; mentres o Coristanco fixo valer o seu título de liga para superar a un correoso Corcoesto.

Copa da Costa, Volta dos Oitavos


Fase de Ascenso á 1ª Autonómica

Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil

Fase Xuv

Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete

Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil


Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 14

Dumbría 4-1Milladoiro
XSC 1-4Orillamar

Alevín, F-8 Costa Norte, xornada 15

Cabana 12-0Baio
Muxía 1-2 Sofán
Coristanco 9-3 As Baleas
EFM Vimianzo 30/05 - 19:45 Corme
  • Descansa EFB Corcubión.

Benxamín F-8 Costa Norte, xornada 15

Cabana 11-1Baio
Muxía 4-3 Sofán
As Baleas B 12-0 Ponteceso
Coristanco 9-1 As Baleas A
E.M.F. Vimianzo 30/05 - 18:30 Corme

Copa da Costa de Veteranos, Volta dos Oitavos


37º Campionato de Barrios de Esteiro

Independiente25/05 - 19:00Ciclóns

Máis información

Crónicas da semana

Comentarios