Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Preferente: Dous en verdadeiros apuros e un ao que se lle escapa a Promoción

Preferente: Dous en verdadeiros apuros e un ao que se lle escapa a Promoción

Unha semana máis, mala xornada para os nosos na Preferente, esta 32ª. Por abaixo, malas novas. Practicamente di adeus á categoría o Soneira tras caer en Narón. Quédalle a 17ª praza a 14 puntos, pero é que o posto 14º (importante por mor dos 3, e mesmo 4 posibles arrastres dende a 3ª, pois de entre Dorneda, Grixoa, Betanzos e Negreira parece que caerán 3 ou os 4) está a 18, tantos como suma o cadro soneirán a estas alturas, e faltando só 6 xornadas para o final. De aí que a situación do XSC sexa tamén de apremio. Os xalleiros ocupan a 15ª praza, a 6º por abaixo, polo que nestes momentos serían equipo da 1ª Autonómica. A cousa complícase pois o equipo que o precede, O Val, ten 4 puntos máis que os xalleiros, e o anterior, o Riveira, 7.

Por arriba, levaba 19 partidos sen perder o Dumbría, precisamente dende a saída a Chantada na primeira volta. E onte, o cadro lucense batía de novo coas aspiracións dumbrieses e alcanzar de novo a 4ª praza, de promoción, desaproveitando así o tropezo do Silva ante o Estudiantil. Agora o Sada, que a pesar de todo non pasou do empate, tamén se suma á loitra por esa praza.

Narón - Soneira (4-0)

  • SONEIRA: Víctor, Brais Mouzo, Sito, Iván Chans (Richi, min.85), Pichi (Fran de Urroa, min.46), De la Sierra, Mayor, Cristian Figueroa, Baba, Basti (Manuel, min.60) e Leo (Javi, min.80).
  • Goles: 1-0, min.55; 2-0, min.65; 3-0, min.70; 4-0, min.89.

Sacou Narón os puntos necesarios para soñar ca permanencia neste duelo fraticida. E os gañou ben, ante un nervioso cadro soneirán, que fixo unha boa primeira metade, aguantando as poucas embestidas locais e mesmo apurando algunha acción de ataque.

Pero tras ese primeiro periodo igualado, o Narón foi o único equipo sobre o céspede na segunda metade, e os goles foron caendo provocando a baixada de brazos dos costeiros.

Xallas StComba - Residencia (2-1)

  • XSC: Diego, Rubén, Cristian, Jonathan, Rubio, César (Darío, min.55), Toño (Marcos, min.65), Alfonso, Richi, Jesús e Arnejo (Mario, min.88).
  • Goles: 0-1, min.48; 1-1, min.75: Arnejo; 1-2, min.77: Arnejo.

Dúas accións de Arnejo consecutivas serviron para que o XSC remontase un encontro que se puxera costa arriba nada máis comezar a segunda metade. A primeira metade foi de respecto mutuo, pero o Residencia arrincaba marcando nada máis saír dos vestiarios. Os xalleiros, conscientes do que hai que en xogo, foron polo partido e dúas accións acertadas de Arnejo serviron para sumar 3 puntos que os mantén soñando coa salvación.

Dumbría - Chantada (1-2)

  • DUMBRÍA: Julián, Rudi (Jose, min.56), David, Cote, Aarón Fdez., Aarón López (Jano, min.70), Adrián Makaay (Lourido, min.55), Jota, Adrián Nieto, Dani Casal e Luisito (Marcote, min.63).
  • Goles: 0-1, min.27: de penalti; 1-1, min.33: Dani Casal a centro de Cote; 1-2, min.48.

Saíron os visitantes máis enchufados e iso que practicamente tiñan a salvación acadada. Pero os dumbrieses deixáronse sorprender e viron como os viisitante se adiantaban dende os 11 metros. Dani Casal non tardou en respostar e facer unha igualada que parecía xusta segundo o visto no campo. Eran os mellores minutos dos dumbrieses, que de aí ao descanso puideron darlle a volta ao marcador.

Pero fallaron e nada máis volver dos vestiarios, o Chantada materializou o 1-2 que facía moito danos nos locais. Tardaron en reaccionar pero o fixeron e tiveron ocasións abondas para empatar e mesmo para darlle a volta ao marcador, pero os Lourido, Marcote e Adrián Nieto non foron quen de marcar.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios