Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Preferente: Sumou o máis necesitado

Preferente: Sumou o máis necesitado
Só o Soneira quedou cos 3 puntos nesta 20ª xornada da Preferente Norte. O cadro de Miguel, a pesar das baixas, vai collendo ritmo e se nota. Xa está fóra dos postos de descenso, e conta por abaixo ata 6 equipos. Iso si, con 21 puntos, son só 4 os que o separan do descenso. Polo demais, mal momento dos equipos xalleiros. Tanto verdes como laranxas continúan colleitando malos resultados, se ben máis preocupante pode ser a situación do Santa Comba. Os laranxas xa pensan en modificar obxectivos tralas 3 derrotas consecutivas para comezar o ano, pois a día de hoxe xa están fóra dos 4 postos de arriba tras caer no importantísimo partido contra o Narón, 2º e rival directo na loita polo ascenso, e do que queda agora a 10 puntos. Pola súa banda, Iván Cancela está tranquilo, pois a cómoda situación dos verdes permítelles non perder a calma. Ademais as sensacións do equipo son bastante boas. Ademais, o Dumbría recibía ao complicado Dubra e sumaba un punto que o mantén na 8ª praza.

Soneira - Gal. Mugardos (3-0)

  • SONEIRA: Pose, Míchel, Martín, Vecino, Ferreiro, Santi, Víctor García (Mauro, min.75), Brais (Richi, min.78), Kike (Cristian, min.80), Javi e Iago (Roi, min.85).
  • Goles: 1-0, min.20: Míchel de penalti; 2-0, min.30: Kike; 3-0, min.70: Brais.
Foi esta a primeira vez que Miguel pode acabar o partido sentado no banco. I é que o primeiro partido case que gaña con solvencia o Soneira en toda a tempada, e que demostra a boa liña dos soneiráns, con 3 vitorias nos últimos 4 partidos. E iso a pesar das baixas, pois tan só contaba con 12 xogadores da primeira plantilla, e tivo que tirar de xuvenís e entre eles Richi Vía Rápida, o irmán de Via, que ten 16 anos. De feito, acabaron 3 xogadores do equipo B sobre o céspede, dous deles xuvenís. Para a semana outro enfrontamento directo contra o Santiago de Compostela que está un punto por enriba.

Narón - Santa Comba (1-0)

  • SANTA COMBA: Diego, Gelo, Agustín (Noli, min.46), Angelo, Gonzalo, Jota, Doro, Toni, David Blanco, Julián e Baña. Tamén xogaron Mon e Óscar.
  • Gol: 1-0, min.89: tras varios rexeites á saída dun córner.
  • Lesións: Agustín cun golpe na cabeza.
Partido importantísimo entre 2º e o ata onte 4º. Foi un encontro moi igualado, moi disputado, só decidido no último suspiro en contra dos laranxas. I é que os de Gelucho seguen negados de cara a porta e marraron numerosas ocasións, coma un tiro que saíu alto de Jota, ou un remate de David Blanco tras centro dende a dereita que cortou o defensa baixo paos. Así e todo, o meta Diego tamén tivo que lucirse en varias ocasións, e facese forte por arriba. Pois o xogo do Narón é moi directo, buscando a segunda xogada con balóns aéreos ás dúas torres de 1,90 m. que teñen arriba, e que fixeron sufrir á defensa. Na segunda, Julián tivo outra boa ocasións, tras regatear a dous defensas e picarlla ao porteiro pero un defensa sacou o balón baixo paos. Tamén tivo unha boa de Noli, pero estaba moi escorado e mandouna fóra. Así, cando o partido se dirixía ao final, unha xogada embarullada tras un córner, acabou co gol da vitoria para os ferroláns.

Xallas - O Val (0-1)

  • XALLAS: Cheli, Rubio, Iván Forján, Becerra, Álvaro, Ricardo, Rubén, Isma (Brais, min.55), Adrián Prol (Adrián Beiroa, min.70), Luís e Alexandre.
  • Gol: 0-1, min.11.
"Non hai que perder a tranquilidade". Iso teno claro o míster xalleiro Iván Cancela, tras esta mala xeira de resultados, con 5 puntos colleitados nos últimos 6 partidos. I é que o Xallas fixo un partidazo, sobre todo na segunda metade, entrando por banda con moita profundidade por medio Rubén e Alexandre. Todo tralo gol visitante aos 10 minutos de comezar, e que chegou por un fallo na marcaxe. A partir de ese momento o Xallas foise arriba, e se ben na primeira metade non chegou con demasiada claridade, na segunda foi un baño de xogo. As máis claras foron un balón ao longueiro de Alexandre e un balón sacado baixo paos polo meta visitante tras un chut a "bocajarro" de Becerra tras controlar co peito.

Dumbría - Dubra (1-1)

  • DUMBRÍA: Juan, Tantán, Isma, Iván (Toni, min.50), Suso, Aarón, Adrián Mackaay, Schuster (Alberto, min.55), Piri (Eloy, min.55), Iago e Luisito (Jesús, min.80).
  • Goles: 0-1, min.30: de penalti; 1-1, min.75: Aarón Lopez.
Primeira metade moi aburrida, con moito xogo directo e pouco toque. Só o Dubra conseguía adiantarse dende os 11 metros. No segundo tempo, o Dumbría imprimiu algo máis de intensidade, pero non se puido remontar. Só Aarón foi quen de empatar e malia que o cadro dumbriés o intentou, non puido completar a remontada.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios