Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Resultados das Copas e das Fases de Ascenso

Resultados das Copas e das Fases de Ascenso

Nova fin de semana con bastante fútbol. Copa e fases de ascenso ás ligas galegas base seguen en marcha.

Xa tendes as crónicas da Copa a www.copadacosta.com, pero primeiro imos repasar os resultados da fin de semana.

E comezamos o repaso ca Copa da Costa. Sen lugar a dúbidas, a eliminatoria estrella destes cuartos, case que a final adiantada, é ese Soneira-Dumbría. O encontro de ida desta tarde non cumpriu cas espectactivas e o respeto mutuo deixou un partido moi plano no que o 1-0 dalle unha boa vantaxe ao Soneira. Os dumbrieses protestaron o gol local por unha posible falta en ataque.

Ademais, o Cee toma vantaxe ante o Castriz cun 1-2 tras poñerse 0-2 ao borde da sentencia. Nas outras dúas eliminatorias, o Camariñas sufriu un exceso de confianza ante un serio Nantón, e tras poñerse por diante no minuto 3, os cabaneses déronlle a volta ao marcador e deixan un 3-1 moi favorable de cara á vila.
Ademais, o Xallas puxo vantaxe nde 3 tantos ante un Outes que deu a cara en todo momento e que non foi a Fontenla a pecharse.

Fases de Ascenso

Tiñan lugar tamén esta fin de semana as Fases de Ascenso ás Ligas Galegas en categorías xuvenil, cadete e infantil. As novas non son moi positivas para os nosos equipos, pois só o Santa Comba Xuvenil pasou a primeira rolda, e buscará o ascenso ante o vencedor do San Marcos-San Ciprián.
O grandioso Corme xuvenil non puido co Dorneda tras unha ida convulsa no que os coruñeses marcharon cun inxusto 5-1 que os de Genaron non puideron remontar no Cairo.

En cadetes, Dumbría e Cabana conseguiron bos empates na ida fóra de casa ante Peleteiro e Negreira. Para a semana verase se pasan a eliminatoria e se volven ver as caras buscando un posto na Liga Galega.

Ademais, en infantís, os dumbrieses caían ante o Cruces por 1-3 e din adeus ao soño do ascenso.

Ademais, compre destacar que o Bergantiños de Liga Galega ascendeu a Liga Nacional tras vencer ao Imperátor.

Copa de Veteranos

Xa temos finalista da Copa da Costa de Veteranos. O Bergantiños demostrou por que é o actual campión de Liga e superou ao Xuv. Bergantiños nos dous encontros. Ademais, na outra semifinal, o sorpredente Atl. Milagrosa, pechacancelas este ano na 1ª División, sufriu, e moito, para eliminar ao Buño, que curiosamente este ano ascendeu á 1ª tras quedar 2º na 2ª división.

A final será o vindeiro domingo 5 de xuño no Carral, Sofán, ás 11:00h.

Pero a demais, a Asociación de Fútbol de Veteranos da Costa convoca a todos os clubes á primeira xuntanza de clubs da Costa o día 10 de xuño, venres, no Restaurante Aldeola. teñen ata o 2 de xuño para retirar as entradas.

Copa da Costa, ida cos Cuartos

Copa da Costa de Veteranos, Volta das Semifinais

Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil (Volta)

Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete (ida)

Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil (volta)

Novas relacionadas

Máis novas

  • Triple cita cos maratóns na Costa en Mazaricos, Baño e Esteiro.
  • Carballo terá doble cita co F7 e co atletismo.
  • Campionato de F7 en Carnota.
  • Máis información

    Fonte

    Comentarios