Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Rematou o soño do ascenso do Camariñas

Rematou o soño do ascenso do Camariñas

E con el o do Carnota de manterse na Liga da Costa. Un gol no desconto do Carral botou pola borda o gran traballo do equipo de Manolín, e fai bo o valor doble dos goles fóra de casa dos coruñeses. Un empate que non fai xustiza tralo visto no terreo de xogo, onde os camariñáns foron superiores.

Xa poden ollar os Resultados da fin de semana e as Crónicas dos Oitavos da Copa.

Carral - Camariñas (1-1)

  • CAMARIÑAS: Pombo, Josiño, Breo, Maikel, Pesqui, Moriño (Carlos, min.89), De la Sierra, Brais, Fran Pioto (Nico, min.86), Javi (Alberto, min.86) e Juan oBello.
  • Goles: 0-1, min.75: Brais; 1-1, min.95: Christian.

Foi pola eliminatoria o Camariñas dende o primeiro minuto e levou o control e o peso do encontro en todo momento. Cun Carral moi agresivo, os conserveiros respondía físicamente a pesar de que o 11 do sábado na Copa fora moi semellante. Na primeira metade houbo achegamentos pero sen claridade. Iso si, o prantexamento táctico dos visitantes era fetén.

Na segunda xa chegaron varias ocasións, con dous bos remates de Brais, dos máis activos na tarde de onte. A presión por parte camariñán era a nota predominante, e nin Pombo, nin Pablo (que o substituiu tras un golpe) pasaron perigo. Juan oBello e Fran Pito tiveron dúas boas internadas que quedaron en ui.

Chegou o gol de Brais, e con el o Camariñas seguiu crendo en ampliar a renda. Pero as forzas non eran sobradas e o Carral botou balóns arriba. E xa pasados 5 do tempo regulamentario, un gol de cabeza tras unha falta frontal lonxana deixaba completamente desolada á expedición camariñá.

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Entrevistas QPC Deportes

Máis novas

Fonte

Comentarios