Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Comezando, a medias, as segundas fases

Xuvenís: Comezando, a medias, as segundas fases
Ata 5 partidos se suspenderon no inicio das segundas fases das ligas xuvenís por mor do temporal Gong. Un choque da Liguilla Previa de Ascenso e 4 da Copa foron suspendidos, deixando apenas a xornada con 4 partidos disputados.

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 1

O XSC-Malpica suspendeuse, que Fontenla non estaba en condicións. Así, Dumbría e Cabana pegan primeiro. Os dumbrieses venceron no duelo de campións das Ligas ante un Ponteceso que fixo un bo partido no Conco pero non tivo acerto. Ademais, o Cabana sorprendeu cunha goleada en Ara Solis ante un Fisterra que o intentou pero se deixou levar nos últimos minutos.

Dumbría - Ponteceso (2-0)

Dumbria-Ponteceso-Foto- Jorge parri
  • DUMBRÍA: David, Roi (Dito, min 73), Samuel, Cabana, Jose, Lucas (Marcote min 68), Alex Siaba (Kevin, min 73), Miki, Javi, Israel (Adrián Alcaina, min 46) e Martín.
  • PONTECESO: Xurxo (Guille, min.70), Lorenzo (Eliseo, min.46), Diego Collazo, Fabián, Alberto, Bieito, Iago Baíñas, Iago de Brantuas (Jonathan, min.60), Borja, Joseph (Cristian, min.65) e Brais.
  • Goles: 1-0, min.25: Alex Siaba tras un balón longo axudado polo vengo; 2-0, min.75: Javi.
  • Expulsións: o local Miki no min.83, e o visitante Fabián (min.90).
Mereceu algo máis o Ponteceso no Conco ante un serio e eficaz Dumbría. Os da vila de Pondal comezaron o partido con forza e cunha boa ocasión para os visitantes, pero Brais fallou case que co porteiro batido. O Dumbría foise desperezando e Alex Siaba aproveitou un balón longo parado polo vento para adiantar aos de Pablo Conde. Foi moi disputada esta primeira metade e as ocasións chegaron polos dous bandos. Saíu o Ponteceso a por todas no segundo tempo, tocando moito o balón como gusta no equipo de Mato, Chema e Recarey. Eran minutos de control pontecesán, e Brais volvía ter o empate nas súas botas, pero tras varios rexeites e nun par de ocasións non era quen de superar a David. Cristian e Iago Baíñas puideron igualar tamén, pero chegou o gol de Javi que matou o partido. O Ponteceso decaeu e o Dumbría pasou a dominar os últimos 15 minutos con comodidade.

Fisterra - Cabana (0-5)

  • FISTERRA: Ángel, Antonio, Rubén, Suárez (Javi), Noé (Manuel), Hidalgo (Gabi), Adrián (Josema), Abel, Josiño, Bruno e Manute.
  • CABANA: Sergio Aranzubía (Adrián, min.80), Dani Mato (Rayón, min.75), Laik, Samuel, Duda, Pablo, Moreno (Pablito Cadete, min.75), Alex Rodriguez, Iván Mato, Cristian Fuentes (Cadete, min.85) e Aless (Cris Varela, min.80).
  • Goles: 1-0, min.20: Cristian Fuentes; 2-0, min.55: Cristian Fuentes; 3-0, min.75: Iván Mato; 4-0, min.80: Pablo; 5-0, min.85: Aless Rodríguez.
Demasiada renda leva o Cabana tralo visto en Ara Solis. Resultado enganoso este 5-0, pois malia que o Cabana fixo un gran partido, durante os primeiros 45 minutos o choque estivo moi igualado, sendo mellor, por momentos, o Fisterra. De feito, Bruno tivo dúas boas ocasións para anular o gol de Cristian Fuentes no segundo treido da primeira metade pero unha Sergio Aranzubía estivo máis acertado no man a man e outro, nun córner, fallou por pouco. O Fisterra saíu dos vestiarios e achuchou buscando o empate, pero co segundo, aos 10 da segunda metade de novo de Cristian Fuentes, desapareceu o cadro fisterrán.

Liguilla da Copa da Costa, Gr.1, xornada 1

Só se disputou un igualado Muros-Camariñas, e en medio do temporal, e co vento como gran protagonista, os atacantes de ambos equipos non lograron traspasar as liñas defensivas.

Liguilla da Copa da Costa, Gr.2, xornada 1

O Coristanco comeza a Liguilla da Copa con bo pé, superando a Esteirana por 3-1. Os goles locais foron obra de Jonatahn, Nacho e en propia porta un xogador da Esteirana. O Mazaricos-Soneira e o Cee-Corme foron suspendidos. Sorprendente como quedou o campo do Pino do Val polo temporal

Máis información

Crónicas de Xuvenís

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios