venres. 02.05.2025
El tiempo

Un pequeno incendio fico saltar as alarmas dos veciños de Laxe

Un pequeno incendio fico saltar as alarmas dos veciños de Laxe
Helicóptero voando sobre Laxe Helicóptero voando sobre Laxe IMG_2645   Sobre as 18 horas deste domingo os voos permanentes dun helicóptero acompañado de sirenas dos equipos de urxencia alertou aos veciños de Laxe e aos visitantes que adoitan aproveitar as tardes de asueto dos domingos asollados para gozar da fachada marítima da vila. Na forma de vida das xentes do mar o son dun helicóptero sempre se asocia a un accidente marítimo aínda sendo un día e unha hora onde as embarcacións están en porto, máxime cando nun principio a aeronave non levaba despregada a cesta de auga e non se lle identificaba con antiincendios. Desta volta, o motivo de alarma foron dous pequenos focos incendiarios á beira do deposito de auga e case encima das vivendas colindantes.   Os focos incendiarios, presuntamente provocados, foron extinguidos polo propio helicóptero, unha brigada do distrito e os servizos municipais de protección civil, á fronte dos cales permaneceu en todo momento o alcalde do municipio José Manuel Mouzo Castiñeira. Ao peche desta información permanencían na zona un retén do distrito e outro de protección civil en previsión dun reavivamiento das chamas debido á brisa reinante Fonte
  • QPC

Comentarios