A Canción mariñeira ateigou Laxe
 
    09:27 03/08/11 
             A Praza Ramón Juega de Laxe acolleu na tarde do pasado domingo, 31 de xullo, a décima edición do Certame da Canción Mariñeira.
No evento participaron cinco corais. As catro primeiras foron convidadas á cita, e chegaron dende Ferrol a Coral Ecos do Chamorro, dende Malpica a Coral de Malpica, dende as terras de Gondomar, preto da cidade portuguesa de Porto, o Grupo Coral Kyrios, e dende Corcubión a Coral Airiños de Quenxe. A quinta coral foi a anfitriona Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe, que actuaron xunto ao Coro infantil de Laxe. A cita estivo presentada pola guapísima María Mato e contou coa organización do Concello de Laxe.
Durante as dúas horas de actuacións tanto veciños e veciñas laxenses coma persoas amigas achegadas á celebración do certame ateigaron a praza, con máis de 500 asistentes, consolidando así o evento como a principal manifestación cultural do Laxe máis mariñeiro.
Despois dos catro temas interpretados por cada unha das corais, a mestra da Coral Polifónica Municipal de Laxe, Teresa López Rodríguez, acompañada polo alcalde do Concello, Antón Carracedo, fixeron entrega dos tradicionais agasallos de participación a cada unha das corais alí presentes.
O acto rematou con mostras de agradecemento tanto ós grupos convidados, como a coral municipal e as restantes persoas que fixeran posible que o acto puidera celebrarse nesta a súa décima edición.

Novas relacionadas
- Dez anos de cancións dende o mar en Laxe.
- Unha ollada ao cartel do Atalajazz.
- Laxe queda sen festas.
- A Asociación de Minusválidos O Peñón de Laxe acolle unha exposición solidaria.
- Laxe propón un verán pirata en verso.
Fonte
- Nota de prensa da Área de Turismo do Concello de Laxe, da man de María José Mato.