A Praia dos Cristais vibrou de emoción no Solpor Poético de Laxe
É unha das citas máis singulares da Costa da Morte. I é que un recital poético-musical, disfrutando dun fermoso solpor sobre o Atlántico, nun lugar como a Praia dos Cristais de Laxe, non se dá todos os días.
Tiña lugar onte, o VIII Solpor Poético de Laxe, que servía ademais para facer entrega dos premios do VIII Certame de Poesía Antón Zapata, lembrando así ao máis importante poeta laxense.
O gran protagonista foi Xoán Eiriz, que coa súa auténtica música galega encheu de misticismo este lugar único:
Entrega familiar
E houbo tempo para facer entrega dos premios do VIII Certame de Poesía Antón Zapata, que este ano quedaron en familia. Os vimianceses María del Carmen Pastoriza e o seu fillo Darío Miranda levaron dous dos tres premios do certame, mentres que o pequeno laxense Camilo Rodríguez Espasandín levou o da categoría Infantil. Todos tiveron o seu momento para recitar os seus versos, que acompañaron aos de Zapata nesta fermosa festa poética.
Novas relacionadas
- Praia dos Cristais de Laxe.
- En marcha o II Concurso de Poesía López Abente.
- Antón Zapata por Miro Villar.
- 2010: Un solpor a ritmo de verso.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Foto de Ambrosio Oróns.