Mércores. 06.11.2024
El tiempo

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visita Laxe

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visita Laxe
unidade mobil centro de transfusion de galicia visita Laxe O vindeiro martes, 19 de xullo, a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará diante do conello de Laxe en horario de 10:30 a 14 horas e de 18 a 21 horas. Deste xeito, o goberno laxense impulsa a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que neste verán precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes. Segundo indican dende o Centro de Transfusión de Galicia, as épocas do ano de maior dificultade para a doazón de sangue coinciden cos períodos de vacacións. Os enfermos ingresados nos hospitais galegos seguen a precisar a solidariedade da cidadanía, e por iso, o concello de Laxe distribuirá material informativo á veciñanza para tratar de incrementar a participación. A Organización Mundial da Saúde recomenda acadar de 40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano para cubrir todas as necesidades dos hospitais. O obxectivo é incrementar a participación de 38 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano que acadou o concello de Laxe o pasado 2015. Laxe conta con 465 doadores censados que realizaron 2.934 doazóns de sangue dende a primeira visita da unidad móbil do CTG en 1994. Fonte

Comentarios