Venres. 29.03.2024
El tiempo

Asociacións de Bergantiños alzaron a súa voz contra o TTIP

Asociacións de Bergantiños alzaron a súa voz contra o TTIP
Colleita de sinaturas en Laxe contra o TTIP

Por Vigo foron unhas 1.000 as persoas que acudiron á cita proposta pola campaña “Non ao TTIP”, no Día Global de Acción Contra os Tratados de Libre Comercio e Investimento. Unha manifestación celebrada o pasado sábado 18 de abril, na que estiveron presentes varias entidades costeiras, que paralelamente se concentraban diante do Concello de Laxe para facer unha colleita de sinaturas.

Falamos dos colectivos sociais Contramínate, Petón do Lobo, Cova Crea, a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, a Asociacións de Coristanco, Río Lourido, a Asociación de Veciños de Valenza e de Veciños de Cereo, que realizaron unha quedada para asinar unha solicitude dirixida ao Parlamento Europeo e a Comisión Europea pedindo información e transparencia na xestión que se está a realizar no Tratado Transatlántico de Comercio e Inversión por considerar que a súa implantación suporía a desaparición do réxime democrático e a substitución por un goberno das empresas.

A principal ameaza do TTIP, explican, radica en intentar eliminar toda lexislación ou normativa que implique calquera tipo de traba aos intereses económicos das grandes empresas. Así anúlase a soberanía dos estados e cédense todos os dereitos ante o capital financeiro e especulativo. Por outro lado, aprobalo suporía a homologación de normativas que xa existen nos EEUU, pero que están prohibidas en Europa, como por exemplo o frácking e a venta de produtos que conteñan transxénicos animais. A nivel máis local, podemos citar o exemplo de Corcoesto: se o TTIP sae adiante, a vontade dos concellos e da veciñanza contrarios á megaminería non serviría máis, xa que os criterios que primarían serían os dos beneficios das empresas mineiras interesadas polo proxecto.

Ante esta falta de transparencia, piden información por parte das autoridades involucradas e debate a nivel social para que as decisións que nos incumben poidan ser tomadas de xeito democrático.

Manifestacion en Vigo contra a TTIP-Foto-Ecoar

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios