Martes. 08.10.2024
El tiempo

Atopan en Laxe unha anticitera do século II a.C.

Atopan en Laxe unha anticitera do século II a.C.
anticitera-laxe-antia-sacedon Antía Sacedón, de Laxe, fala no seu perfil de Facebook do achádego do seu avó nas augas de Laxe Un curioso obxecto enredouse esta fin de semana no aparello de pesca dun mariñeiro afeccionado de Laxe. Ao parecer, trátase dunha anticitera; un "reloxo" do século II a.C. usado polos navegantes gregos para predecir tanto a climatoloxía como as eclipses solares. Antía Sacedón mostraba hoxe no seu perfil persoal de Facebook a súa sorpresa polo descubrimento do seu avó: "Parece mentira que os mares de Galiza estean cheos de sorpresas...Todo o que os nosos atepasados nos deixan é increible; en todo o que se pode converter un día normal de paseos polo mar! Ao parecer pode ser un instrumento de precisión empregado polos antigos gregos... unha anticitera do século II a.C!! Orgullosa de ti avó". Pronto lle respondían dende o IES Maximino Romero de Lema de Baio - onde ela estuda 1º de Bacharelato - "Ainda é cedo para aseguralo, pero polo visto todo apunta a que a segunda "Anticitera" atopada no mundo é a que este fin de semana o avó dunha alumna nosa atopou no mar de Laxe. Parabéns!!!" Este valioso achádego arqueolóxico dá conta da riqueza dos fondos mariños da Costa da Morte onde xa existen varios libros e estudos da arqueoloxía submariña.  

Novas relacionadas

Fonte

Fonte

Comentarios