Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O BNG de Laxe sinala que debe ser a empresa a que desenvolva as obras de urbanización nos terreos da mina

Zona do Escaravello de Laxe urbanizable
Zona do Escaravello de Laxe urbanizable
O BNG de Laxe sinala que debe ser a empresa a que desenvolva as obras de urbanización nos terreos da mina

O grupo nacionalista de Laxe quere reincidir sobre o importante paso que se vai dar coa urbanización da primeira liña de praia na zona da antiga mina de caolín

O grupo vén de presentar un informe técnico que conclúe que "a realización das obras de urbanización correspóndelle aos propietarios (neste caso, as empresas lideradas por Sondeos del Norte) e non ao Concello", a pesar do convenio asinado entre as dúas partes, polo que sería o Concello o que asumiría as obras de urbanización da contorna.

O BNG esíxelle, polo tanto, ao grupo de goberno que "se depuren as pertinentes responsabilidades e se ofrezan explicacións en detalle á veciñanza de por qué se vai beneficiar a unhas empresas con diñeiro público, mesmo rebaixando o nivel de edificabilidade  de vivenda protexida e aumentando o de vivenda comercial".

Novas relacionadas

Comentarios