martes. 10.12.2024
El tiempo

Eliminan o polémico valado do Campo do Escaravello

LAXE_Derrubamento Campo do Escaravello 2
O Campo do Escaravello xa está dende o martes sen valado
Eliminan o polémico valado do Campo do Escaravello

Non deixa de xerar polémica o Campo do Escaravello. Ese espazo situado entre o areal e o centro da vila, teoricamente compartido entre Concello e propietarios privados, que se adoita a utilizar a como aparcamento de vehículos, sobre todo no verán. Ese espazo que pende da sombra da especulación urbanística.

O pasado mes de xullo de 2022 os propietarios sorprendían a todo o mundo erguendo un valado que pechaba o espazo, segundo denunciaba o BNG coa connivencia do Concello.

Meses despois, en novembro, o pleno aprobaba a retirada do valado. O 3 de febreiro deste ano íase proceder á retirada total do peche pero, finalmente, este procedemento tivo que ser suspendido despois de que os titulares do terreo afectado presentaran un recurso. Posteriormente deron de marxe ata esta semana aos propietarios para retiralo.

Pero non o fixeron e tivo que ser o propio Concelllo o que realizase a retirada. Na actualidade o valado atópase en dependencias municipais e deberá ser retirado polos donos do mesmo.

Novas relacionadas

Comentarios