Íntegro pecha o sétimo curso do PIMD Rural
08:05 05/08/16
Nos locais sociais de Laxe e Traba desenvolveuse durante o mes de xullo un curso de artes manuais
Cinco das oito participantes no curso de Artes Manuais - levado a cabo por Íntegro e o concello de Laxe dentro do PIMD Rural - recolleron onte os seus diplomas acompañadas de representantes de ambas entidades.
Esta acción formativa, realizada ao longo do mes de xullo nos locais sociais de Traba e de Laxe, concluíu con gran éxito de participación, superando as expectativas previstas. Ademais, ao igual que aconteceu noutros concellos incluídos do programa do Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade- PIMD Rural -, financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo - FSE -, as alumnas amosaron gran interese e implicación durante a súa formación co obxectivo de sentar as bases para a súa posterior inserción laboral.
Dende a posta en marcha do PIMD Rural, implantado en catro concellos da Costa Bergantiñá - Cabana, Malpica, Ponteceso e Laxe-, xa se desenvolveron sete accións destinadas á formación de mulleres con diversidade funcional: 4 no Centro de Recursos de Nantón (Cabana), 2 en Malpica e 1 en Laxe. No mes de setembro terá lugar a oitava no municipio de Ponteceso, para a que xa están cubertas todas as prazas. As especialidades impartidas abarcan diferentes temáticas segundo as preferencias das alumnas: artes manuais, informática e mcanografía, redes sociais e cociña.
Novas relacionadas
- Íntegro lánzase ao crowdfunding
- Laxe súmase ao programa formativo para mulleres con disCapacidade de Integro
- Íntegro imparte cursos para mulleres con disCapacidade en Ponteceso e Malpica
- “Bicos de Amora”, a nova marca de xabóns de glicerina de Íntegro
- Íntegro forma a mulleres con diversidade funcional do rural costeiro
- Escolares do CEIP San Vicenzo de Vimianzo visitan as instalacións de Íntegro.
- Íntegro amplía o Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade a varios concellos
- Un San Valentín doce e moi Íntegro
- Cogami interésase polo traballo da Asociación Íntegro.
- Íntegro avanza cara a Inclusión a base de experiencias persoais.
- Íntegro imparte en Malpica un curso de colocación de pladur e de pintura
- Íntegro recibe o apoio da Deputación da Coruña
- Íntegro prepara un completo programa para o Día da Inclusión
- Unha Carreira para integrar.
- Os discapacitados somos nós.
- 40 persoas con discapacidade insertáronse en Bergantiños a través de COGAMI.
- Íntegro normaliza a diferencia na Diversiescola de Carballo.
- 2014: Íntegro, Adisbismur, Ambas e Misela celebraron o Día da Inclusión en Ponteceso.
- 20 anos de integridade dende Cabana para toda a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).